O Wells Fargo Center (antigamente coñecido coma CoreStates Center, First Union Center e Wachovia Center, e alcumado polos afeccionados coma The Big House, The Wack, The F.U. Center e The Loud House) é un pavillón deportivo situado en Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos. Xogan alí coma local os Philadelphia 76ers da NBA, os Philadelphia Flyers da NHL, Philadelphia Wings da NLL e Philadelphia Soul da AFL.
Entre 1996 e 1998 o pavillón foi chamado CoreStates Center polo contrato que tiña co CoreStates Bank, que aceptou pagar 40 millóns en 21 anos para ter os dereitos do nome do pavillón coa condición de estar 8 anos máis alí unha vez rematado o contrato. En 1998 produciuse unha unión entre CoreStates Bank e First Union Bank polo cal o pavillón levou desde 1998 ata 2003 o nome First Union Center, alcumado coma F.U. Center polos afeccionados, e debido a isto o recinto foi renomeado coma First Union National Center, ao que algúns deportistas, como o caso de Brantt Myhres, xogador de Philadelphia Flyers, dixo que o nome soaba coma un circo. No F.U. Center os Sixers xogaron a súa primeira final na NBA fronte a Los Angeles Lakers.
En 2003 First Union uniuse co Wachovia Bank, que é a entidade que dá nome ao actual pavillón.
Debido ao lockout da NHL na tempada 2004-05, os Philadelphia Phantoms, equipo afiliado aos Flyers da NHL, tiveron que xogar os seus partidos no Wachovia Center xa que o xeo do seu pavillón, o Wachovia Spectrum, estaba inhabilitado.
O pavillón rexistrou un récord de asistencia nun partido universitario en febreiro de 2006 nun partido que enfrontou a Villanova e UConn.