Stevie Nicks
(2013) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Stephanie Lynn Nicks 26 de maio de 1948 Phoenix |
| Outros nomes | Stevie Nicks |
| Residencia | Os Ánxeles |
| Educación | Universidade Estatal de San Jose Arcadia High School (en) Menlo-Atherton High School (en) Judge Memorial Catholic High School (en) Cañada College (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Composición musical |
| Ocupación | cantante, autora de diarios, artista discográfica, cantautora, compositora de cancións, directora de cine |
| Período de actividade | 1969 |
| Membro de | Fleetwood Mac (1967–2022) |
| Xénero artístico | Pop rock, country rock e soft rock |
| Tesitura | Soprano |
| Instrumento | Guitarra, pandeireta, teclado e voz |
| Selo discográfico | Polydor Atco Records Atlantic Records |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
| Sitio web | stevienicksofficial.com |
Stephanie Lynn "Stevie" Nicks, nada o 26 de maio de 1948 en Phoenix (Arizona), é unha cantante e compositora estadounidense, coñecida sobre todo polo seu traballo con Fleetwood Mac e a súa extensa carreira en solitario, que colectivamente produciron máis de 40 éxitos top 50 e venderon ao redor dos 140 millóns de álbums. Foi considerada "A raíña reinante do Rock and Roll" pola revista Rolling Stone, e como membro de Fleetwood Mac, foi engadida ao Rock and Roll Hall of Fame en 1998. Como artista en solitario, foi nomeada a oito premios Grammy, e con Fleetwood Mac a cinco máis.
Nicks uniuse a Fleetwood Mac en 1974, xunto coa súa parella sentimental e artística Lindsey Buckingham. O segundo álbum de Fleetwood Mac tras a incorporación de Nicks e Buckingham, Rumours, publicado en 1977, é o décimo álbum máis vendido de todos os tempos, con máis de 40 millóns de copias en todo o mundo e permanecendo no número 1 das listas de álbums estadounidenses durante 31 semanas, ademais de acadar a cima das listas de varios países.
Nicks comezou a súa carreira en solitario en 1981 co álbum Bella Donna, que chegou a vender 8 millóns de copias, e dende entón ten producido sete traballos máis de estudio, o máis recente deles titulado In Your Dreams e publicado o 3 de maio do 2011. Tras superar a súa adición á cocaína e a súa dependencia aos tranquilizantes, Nicks segue sendo unha artista en solitario moi popular. Nicks é coñecida pola súa distintiva voz, estilo visual místico e as súas letras simbólicas.