Simon and Garfunkel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Simon & Garfunkel
SimonandGarfunkel.jpg
Simon & Garfunkel tocando en Dublín.
Orixe Nova York, Estados Unidos
Período 1957–1970
1981–1983
2003–2004
2009–2010
Xénero(s) Folk rock, folk, soft rock
Selo(s) discográfico(s) Columbia
Antigos membros Paul Simon
Art Garfunkel
Web oficial Páxina oficial

Simon and Garfunkel foi un dúo musical de folk rock composto polo cantautor Paul Simon e o cantante Art Garfunkel, formado en 1957. Foron moi populares na década de 1960.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coñecéronse mentres estudaban no instituto en 1957 e alí formaron o grupo Tom and Jerry, que tiña como canción senlleira "Hey Schoolgirl". Xa como Simon and Garfunkel o seu primeiro álbum "Wednesday Morning, 3 A.M" (1964) pasou desapercibido ata que o produtor, Tom Wilson tivo a idea de engadir guitarras eléctricas a un dos temas do álbum e relanzalo, o dúo saltou, pois, á fama en 1965 con "The Sound of Silence". A súa música foi banda sonora do filme que foi mítico para toda unha xeración, The Graduate e que lles deu fama mundial. Cun novo estilo emparentado co folk Simon and Garfunkel estiveron entre os artistas máis populares dos sesenta con cancións como "Mrs. Robinson," e "Bridge over Troubled Water". Despois da súa ruptura en 1970 eles xuntáronse en varias ocasións, a máis coñecida foi o concerto de Central Park, que axuntou 500.000 persoas en 1981.

Discografía[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Grammy[editar | editar a fonte]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • O asteroide "1999 FP21" nomeouse "91287 Simon-Garfunkel" na súa honra. Cita
  • Na película "Case Famosos" (Cameron Crowe), ao inicio desta, a irmá do protagonista (William Miller) entra á súa casa escondendo un disco de Simon and Garfunkel porque a súa nai non deixa aos seus fillos escoitar rock.
  • Na película "Sucedeu en Manhattan" (Jennifer Lopez), Ty Ventura, fillo da protagonista, é un afeccionado ao grupo e pregúnntase por que se separaron.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]