Walter Mosley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Walter Mosley by David Shankbone.jpg

Walter Ellis Mosley, nado en Los Angeles (California) o 12 de xaneiro de 1952, é un escritor estadounidense. É coñecido especialmente polas súas obras de novela negra protagonizadas polo detective Easy Rawlins, un detective negro veterano da Segunda Guerra Mundial que vive no barrio de Watts.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Mosley naceu en Los Angeles, no barrio de Watts, fillo de Ella Slatkin (unha secretaria xudía de orixe polaca) e Leroy Mosley (conserxe de escola afroamericano orixinario de Louisiana, que traballara de oficinista no exército estadounidense na Segunda Guerra Mundial). Os seus pais intentaron casar en 1951, pero aínda que o seu matrimonio era legal en California, ninguén quixo oficiar[1][2][3][4]. Relaciona a súa imaxinación literaria co feito de ser fillo único, "an emptiness in my childhood that I filled up with fantasies".

Foi a unha escola baptista privada, pioneiros na educación primaria de afroamericanos. Con 12 anos os seus pais mudáronse do sur da cidade cara ao oeste, a un barrio máis confortable[5]. Mosley describe o seu pai como un "Sócrates negro", pensativo e contacontos. A súa nai, que non era moi efusiva, animouno a escribir dándolle a coñecer clásicos europeos como Dickens, Zola ou Camus. Tamén lle gustaban Langston Hughes e Gabriel García Márquez. Malia que en L.A. había conflitos raciais, a súa familia era apolítica, se ben máis tarde Walter derivou cara a un compromiso coas desigualdades raciais nos EUA, contexto no que se basea boa parte da súa ficción literaria.

Pasou por Santa Cruz e Europa durante unha fase de "hippie con melena". Comezou a estudar Belas Artes en Vermont, deixándoo para graduarse en Ciencias Políticas. Comezou un doutorado en teoría política, pero abandonouno para comezar a traballar como informático. En 1981 mudouse a New York, onde coñeceu á bailarina e coreógrafa Joy Kellman, coa que casou en 1987. Separáronse logo de 10 anos e divorciáronse en 2001. Mentre traballaba en Mobil Oil, Mosley fo ia un curso para aprender a escribir no barrio Harlem. Alí, Edna O'Brien, unha das súas titoras, converteuse na súa mentora. Actualmente reside en New York City.

Escritor[editar | editar a fonte]

Malia que Mosley comezou a escribir con 34 anos, leva escritos máis de 33 libros de diversas categorías, como novela, afrofuturismo, ciencia ficción ou política. A súa obra foi traducida a 21 idiomas. Entre as súas influencias están as obras de Dashiell Hammett, Graham Greene e Raymond Chandler. A súa fama incrementouse en 1992, cando o candidato á presidencia Bill Clinton, fan das novelas de asasinatos, nomeou a Mosley coma un dos seus autores favoritos. En 1997 fixo historia dentro da edición ao ceder o manuscrito de Gone Fishin' a unha editorial pequena e independente de Baltimore, Black Classic Press, dirixida polo Panteira Negra Paul Coates.

Dous dos seus libros foron levados ao audiovisual. A súa primeira obra, Devil in a Blue Dress, foi a base para o guión dunha película de 1995 protgonizada por Denzel Washington. O estreno da súa primeira obra teatral, The Fall of Heaven, tivo lugar no Playhouse in the Park de Cincinnati (Ohio) en xaneiro de 2010.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Obra[editar | editar a fonte]

Detective Easy Rawlins[editar | editar a fonte]

Fearless Jones[editar | editar a fonte]

Leonid McGill[editar | editar a fonte]

  • The Long Fall (2009)
  • Known to Evil (2010)

Ciencia ficción[editar | editar a fonte]

Socrates Fortlow[editar | editar a fonte]

Narrativa xuvenil[editar | editar a fonte]

  • 47 (2005)

Ficción[editar | editar a fonte]

Erótica[editar | editar a fonte]

Non-ficción[editar | editar a fonte]

Novela gráfica[editar | editar a fonte]

Películas e televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografía de Walter Mosley en www.filmreference.com (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
  2. Entrevista con Mosley en Crime Time (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
  3. "The Chain Gang", entrevista en PBS, 6 de abril de 2000 (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
  4. "Time for a new Black Power movement", artigo en The Guardian, 18 de agosto de 2002 (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
  5. "Socrates of the streets", artigo en The Guardian, 6 de setembro de 2003 (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]