Vissarion Belinski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vissarion Belinski
Vissarion Belinsky by K Gorbunov 1843.jpg
Vissarion Belinski
Nome completoVissarion Grigorievich Belinski
Nome de nacementoВиссарио́н Григо́рьевич Бели́нский
Nacemento30 de maio de 1811
 Fortaleza de Suomenlinna
Falecemento7 de xuño de 1848 (37 anos)
 San Petersburgo
Causatuberculose
SoterradoLiteratorskie mostki
NacionalidadeImperio Ruso
EtniaPobo ruso
Alma máterMoscow Imperial University
Ocupaciónfilósofo, escritor, crítico literario e xornalista
Vissarion Belinsky (signature).jpg
editar datos en Wikidata ]

Vissarion Grigorievich Belinski (en ruso, Виссарио́н Григо́рьевич Бели́нский), nado en Sveaborg o 11 de xuño de 1811 e falecido o 7 de xuño de 1848, foi un crítico literario ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun médico militar, estudou nos institutos de Chembar e Penza. Entre 1829 e 1832 estudou na Universidade de Moscova, pero tivo que deixala por organizar un grupo de adeptos da filosofía alemá e ler en público o drama romántico Dimitri Kalinin, no que se criticaba a servidume. Con moitos problemas económicos, viviu facendo traducións do francés e colaborando nalgunhas publicacións. En 1833 entrou na tertulia filosófica e literaria que organizara o poeta Nikolai Stankevich, interesándose polos problemas literarios e afondando no coñecemento da filosofía alemá de Kant, Friedrich Schelling e Hegel. O seu primeiro artigo de crítica literaria publicouno en 1834, e de 1835 a 1836 apareceron en Teleskop outros ensaios sobre a novela rusa, Gógol ou Vladimir Benediktov.

En 1837 caeu enfermo de tuberculose, curou en Piatigorsk, onde coñeceu a Lérmontov. Dous anos despois instalouse en San Petersburgo, para dirixir Otechestvennie Zapiski (Отечественные Записки) ata 1846, a publicación converteuse no voceiro da vangarda literaria rusa, nela publicou numerosos traballos e comezou unha serie de panorámicas anuais, publicou tamén obras de Gógol. Belinski expuxo os principios e o manifesto do Naturalismo en Rusia, escola á que se uniran Gógol, Fiódor Dostoievski, Iván Goncharov, Grigorovich e outros. En 1842 apoiou a Gógol tirando do prelo a novela As almas mortas, prohibida pola censura tsarista. Escribiu estudos que comparaban autores occidentais e eslavos cos rusos,Pushkin fronte a Byron e Shakespeare; Lérmontov e Byron; Vladimir Odoievski e E. T. A. Hoffmann etc. Tamén realizou estudos de autores occidentais por separado, como George Sand, Schiller, Goethe, Walter Scott e outros. En 1846 deixou a revista por conflitos co seu propietario. Pasou a realizar a sección de crítica literaria de Sovremennik dirixida polo poeta Nikolai Nekrasov, alí publicou as panorámicas literarias de 1846 e 1847 e numerosos artigos, notas e recensións literarias.

En 1847 trasladouse a Berlín e Salzburgo para tratar a súa enfermidade, xa moi avanzada. Desde este último lugar escribiu a famosa Carta a Gógol en resposta ó seu cambio ideolóxico cara o tradicionalismo, acusándoo de predicador do látego e apóstolo do escurantismo. Considérase esta carta o exemplo máis brillante de crítica literaria na literatura rusa do XIX. Belinski morreu un ano máis tarde, nas véspera do seu arresto pola policía. Mesmo a mención do seu nome na prensa estivo prohibida ata 1856. As súas obras completas, en doce volumes, publicáronse entre 1859 e 1862.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]