Vilagarcía de Arousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 22 de decembro de 2008 ás 22:31 por Lameiro (conversa | contribucións) (festas gastronómicas)
Vilagarcía de Arousa
Logo de Vilagarcía de Arousa
Vista xeral de Vilagarcía de Arousa
Situación
Xentilicio[1]Vilagarcián - Arousán
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Salnés
Poboación36743 hab.[2][3]
Área44,2 km²[3]
Densidade831,29 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias[4]
Capital do concelloVilagarcía
Política (2007)
AlcaldeDolores García Giménez (PSG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Vilagarcía de Arousa
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes85,27%
Na rede
www.ivilagarcia.com
Facebook: concellovilagarcia Twitter: vgaarousa Instagram: vilagarciaviva Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vilagarcía de Arousa é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca do Salnés. Segundo o padrón municipal, a súa poboación no ano 2007 era de 36.743 persoas, sendo a oitava cidade galega en poboación e a terceira da provincia tras Vigo e Pontevedra.

Solpor en Vilagarcía.

Vilagarcía é unha cidade nova, en contínuo crecemento, que se caracteriza pola gran concentración de servizos tanto públicos coma privados en contraste coa súa mediana poboación. Entre os principais servizos públicos dos que disfruta están un hospital comarcal do Sergas, Xulgados de Segunda Instancia, unha delegación da Axencia Tributaria, Oficinas do Ministerio de Interior (Policía), Parque comarcal de Bombeiros... No ámbito privado conta cun centro comercial, varios hipermercados, oito salas de cine, unha amplia oferta de restaurantes e hoteis, ademais dunha asociación de pequenos comerciantes do centro da cidade. Esta grande oferta de servizos débese ás peculiaridades da comarca do Salnés, que conta con moita poboación pero non con grandes núcleos urbanos. Deste xeito, unha cidade de importancia media en Galicia, chega a ser toda unha capital.

Localización

Vilagarcía de Arousa atópase na parte meridional da ría de Arousa formando unha ampla enseada. Limita ao norte con Catoira, ao leste con Caldas de Reis e ao sur con Vilanova de Arousa. O extremo norte do concello, a parroquia de Bamio, sitúase xa na confluencia do río Ulla co océano mentres que no sur destaca o Monte Lobeira cunhas boas vistas de toda a baía.

Festexos

O 22 de maio celébrase a festa de Santa Rita, na honra da italiana Rita de Casia, que ten en Vilagarcía e en toda a comarca do Salnés un grande número de devotos desde hai uns cen anos. Santa Rita é a patroa dos imposibles. Os devotos acoden ao Convento de Vista Alegre, algúns a pé desde lonxe, para facerlle unha ofrenda á santa como sinal de agradecemento.

O 16 de agosto, día de San Roque, é o día grande das festas de Vilagarcía. Ao remate da procesión do santo ten lugar todos os anos a festa da Auga en varias rúas do centro da vila, sendo un festexo que atrae a numerosos turistas de toda Galicia e mesmo de fóra dela. Esta festa naceu a finais dos anos 70 cando nunha xornada de moita calor os veciños pediron que os refrescaran con auga desde os balcóns.

En novembro, a Festa dos Cogomelos.

Personaxes de sona

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Vilagarcía de Arousa

Lugares de Vilagarcía de Arousa

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilagarcía de Arousa vexa: Lugares de Vilagarcía de Arousa.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Arealonga (Santa Baia) | Bamio (San Xens) | O Carril (Santiago) | Cea (San Pedro) | Cornazo (San Pedro) | Fontecarmoa (San Pedro) | Rubiáns (Santa María) | Sobradelo (San Salvador) | Sobrán (San Martiño de Fóra) | Sobrán (San Martiño) | Solobeira (San Fins) | Vilagarcía (Santa Baia)

Ligazóns externas

Véxase tamén

Modelo:VéxaseGalicia


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Vilagarcía de Arousa".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google