Dolores García Giménez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1956 Vilagarcía de Arousa, España |
| xullo de 2007 – 2011 ← Enrique León Calviño – Tomás Fole → | |
| Actividade | |
| Ocupación | política |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
| Membro de | |
| Familia | |
| Pai | Benito García Dorgambide |
Dolores García Giménez, tamén coñecida como Dolores García Dorgambide, nada en Vilagarcía de Arousa en 1956, é unha política socialista que foi alcaldesa de Vilagarcía de Arousa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Benito García Dorgambide, foi avogada e funcionaria da Xunta de Galicia, ocupando o cargo de xefa de servizo de Xestión Económica do Sergas.
Formou parte, como número 2, da candidatura do PSdeG-PSOE en Vilagarcía de Arousa nas eleccións municipais de 2007, a cal revalidou o goberno local. Logo da dimisión do alcalde Enrique León Calviño, o 9 de xullo de 2007, a causa das dúbidas de incompatibilidade coa súa situación de policía na reserva, foi elixida alcaldesa da cidade o 12 de xullo, a primeira da súa historia, co apoio dos concelleiros socialistas e nacionalistas, os cales gobernaban en coalición. En setembro de 2010, logo de tres anos como alcaldesa, anunciou que non se presentaría á reelección nas municipais de 2011 por motivos persoais[1], tralas cales abandonou a alcaldía.
| Predecesor: Enrique León |
Alcaldesa de Vilagarcía 2007 - 2011 |
Sucesor: Tomás Fole |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La alcaldesa arousana, en la estela de Teresa Casal, da paso a la renovación Arquivado 22 de xuño de 2015 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 24/9/2010.