O Valado, Vilaframil, Ribadeo
| O Valado | |
|---|---|
| Parroquia | Vilaframil |
| Concello | Ribadeo |
| Coordenadas | 43°32′33″N 7°05′35″O / 43.542485570417, -7.0929179149243 |
| Poboación | 19 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Valado é un lugar da parroquia de Vilaframil, no concello lugués de Ribadeo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 19 habitantes (8 homes e 11 mulleres)[1].
Neste lugar, chamado así porque é unha zona valada, ben con parede de pedra, ben con outros tipos de materiais) sitúase a última escola infantil pública da parroquia. Os rapaces do lugar fan o ensino primario no grupo escolar de Ribadeo.
Actualmente esta escola úsase como lugar de reunións das distintas asociacións: de veciños, cultural, de montes e tamén como lugar de celebración de distintos cursos e actividades. Hai tamén no campo da escola un pequeno pero moi visitado parque infantil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-10-21.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilaframil
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Vilaframil no concello de Ribadeo (Lugo) | |
|---|---|
|
O Campo de San Lourenzo | Carreira Branca | Coedo | O Coto | A Galera | A Granxa | A Madanela | A Manzana | O Pinar | O Regueiral | A Requeixada | Río Caínzos | San Xillao | A Siñeira | O Tombín | O Valado |