Granxa Escola Pedro Murias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Granxa Escola Pedro Murias
Acceso ó edificio principal.
Tipogranxa escola
Nomeado en referencia aPedro Murias
EnVilaframil
PaísGalicia
43°32′33″N 7°04′59″O / 43.5424248, -7.0830621
editar datos en Wikidata ]

A Granxa Escola Pedro Murias foi un centro dedicado á experimentación e a difusión de técnicas agropecuarias de ensino agrícola situada na parroquia de Vilaframil (Ribadeo), nun terreo de 14 hectáreas. Foi construído a comezos do século XX por Pedro Murias, indiano de Ribadeo establecido en Cuba, quen destinou boa parte dos seus bens á constitución da Fundación Agrícola Pedro Murias[1], que deu lugar á construción dunha granxa escola agrícola[2].

Historia[editar | editar a fonte]

Busto de Pedro Murias, monumento á entrada da granxa escola. A lenda di: "La Junta de Patronos de esta escuela reunida en la Habana en honra a la memoria de su fundador Don Pedro Murias y Rodríguez"
Busto de Pedro Murias, monumento á entrada da granxa escola. A lenda di: "La Junta de Patronos de esta escuela reunida en la Habana en honra a la memoria de su fundador Don Pedro Murias y Rodríguez"

O obxectivo da Granxa Escola era a formación dos agricultores e o progreso da súa terra natal. Inicialmente estivo xestionada por unha fundación, que quedou constituída o 13 de xullo de 1913. O primeiro director da fundación foi Enrique Suárez Couto[2][3]. En 1919 constituíuse a primeira Comisión Delegada do padroado na parroquia da Devesa. No 1922 comeza a funcionar unha escola primaria no seu interior, da man de Gregorio Sanz[3], que tamén quedaría como director á morte do anterior, ese mesmo ano.[1]

A fundación de patrocinio foi dotada con varios edificios na Habana, así como con accións da Nueva Fábrica de Hielo y Cerveza de Puentes Grandes, máis a cantidade de dez mil pesos de ouro para a adquisición de terreos, edificios e mobiliario. Entre o persoal docente estivo Gregorio Sanz. A raíz da revolución cubana de 1959 a fundación tivo dificultades, e a granxa pechou en 1961.

Placa de mármore descoberta na reinauguración da Granxa Pedro Murias en Ribadeo
Placa de mármore descuberta na reinauguración da Granxa

O 24 de xuño de 1987 a Xunta de Galicia fíxose cargo do centro co Decreto 170/87, que declaraba de interese galego a Fundación Escuela Agrícola Pedro Murias, e a Consellería de Agricultura pasou a ser protectora da mesma. En 1991 a Xunta recuperou a granxa escola como centro de capacitación agrícola, e actualmente funciona como o Centro de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Costa, Antón (outubro 1992). "Na escola do franquismo non había a ilusión que debía haber". Nova Escola Galega (14): 66–68.
  2. 2,0 2,1 Martín Fernández (23/10/2016). "La granja Pedro Murias sentó las bases del agro comarcal y del grupo lácteo gallego". La Voz de Galicia. Consultado o 28/10/2016. 
  3. 3,0 3,1 "Gregorio Sanz 1". Consultado o 2019-08-25.