Cosmoloxía física

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cosmoloxía física é unha rama da astronomía e da astrofísica, encargada do estudo do Universo a gran escala escala, das súas estruturas maiores, da súa xeometria espaciotemporal, e da dinámica do Universo, procurando respostas para as cuestións fundamentais sobre a súa formación e evolución.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a maior parte da historia humana, foi considerada unha rama da metafísica e a relixión.

A cosmoloxía como ciencia, orixinase con Copérnico, ao presentar que os corpos celestes obedecen a idénticas leis físicas aos da Terra, sendo a mecánica newtoniana a que primeiro permitiu comprender esas leis.

A cosmoloxía física, como é hoxe entendida, comezou o seu desenvolvemento no século XX, con Albert Einstein e a teoría da relatividade xeral, xunto coas melloras nas observacións astronómicas de obxectos extremadamente distantes. Estes avances permitiron non só especular sobre a orixe do Universo, senón que permitiu aos científicos establecer modelos cosmolóxicos explicativos, sendo a teoría do Big Bang como o principal modelo cosmolóxico vixente. Algúns investigadores defenden aínda un puñado de cosmoloxías alternativas, non obstante, as personalidades da cosmoloxía en xeral coinciden en que a teoría do Big Bang explica mellor as observacións.

A cosmoloxía actual inspírase moito no traballo de moitas outras áreas distintas de investigación en física. As áreas relevantes para a cosmoloxía inclúen física de partículas experimental e teórica, incluíndo a teoría de cordas, a astrofísica, a relatividade xeral, e a física de plasmas. Así, a cosmoloxía actual une a física das maiores estruturas do universo coa física das pequenas estruturas no Universo.

Áreas de investigación[editar | editar a fonte]

  • Nuclosíntese do Big Bang.
  • Radiación do fondo cósmico de microondas.
  • Formación e evolución das estruturas a gran escala do universo
  • Materia escura.
  • Enerxía escura.

Vexase tamén[editar | editar a fonte]