Maria Mitchell
Maria Mitchell | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de agosto de 1818 |
Lugar de nacemento | Nantucket |
Falecemento | 28 de xuño de 1889 |
Lugar de falecemento | Lynn |
Soterrada | Prospect Hill Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Unitarismo |
Alma máter | Vassar College |
Ocupación | astrónoma, bibliotecaria, profesora universitaria, escritora e naturalista |
Pai | Billy Mitchell (militar) |
Premios | National Women's Hall of Fame e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences |
Na rede | |
https://www.mariamitchell.org/ | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Maria Mitchell, nada en Nantucket (Massachusetts) o 1 de agosto de 1818 e finada en Lynn o 28 de xuño de 1889, foi a primeira muller dedicada a astronomía nos Estados Unidos e a primeira muller que formou parte da Academia Estadounidense de Artes e Ciencias.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Terceira nunha familia con dez fillos, asistiu a un centro de ensino para señoritas, tendo ademais autoeducación.
Foi profesora de astronomía para mulleres no Vassar College e chegou a ser a directora do seu observatorio.[2] [3]O primeiro de outubro de 1847 converteuse na terceira muller en descubrir un cometa co telescopio (Miss Mitchell's Comet) polo que recibiu unha medalla de ouro do rei Federico de Dinamarca.[4] Calculou táboas de posicións astronómicas de Venus, tomou fotografías dos planeta Xúpiter e Saturno e das súas lúas, estudou nebulosas, estrelas dobres e eclipses solares. Desenvolveu teorías sobre as súas observacións como a revolución dunha estrela arredor doutra nas estrelas dobres en formación e a influencia da distancia e da composición química na variación da cor da estrela. Estudou a eclipse solar total. Tomou as primeiras fotografías ordinarias do Sol e elaborou unha hipótese sobre as manchas solares que, en lugar de ser nubes serían cavidades na superficie solar.
Foi a primeira muller elixida para ocupar un posto en diversas institucións científicas americanas, como a AAAS (Asociación Americana para o Avance da Ciencia).[4] Fundou e foi presidenta da Asociación Americana para o Avance das Mulleres.[4] Así mesmo, obtivo un grao honorario en Columbia.
Foi unha muller con ideais que loitou pola súa igualdade salarial respecto aos homes, en protesta contra a escravitude deixou de vestir prendas de algodón e apoiou o movemento sufraxista.[5]
Recoñecemento[editar | editar a fonte]
Pola súa figura reciben o seu nome: o observatorio de Nantucket, un barco da segunda guerra mundial, un cráter lunar,[4] un asteroide e foi incluída na galería da fama dos Estados Unidos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ F., Shearer, Benjamin (1997). Notable women in the physical sciences : a biographical dictionary. Greenwood Press. ISBN 0-313-29303-1. OCLC 243866627.
- ↑ "Maria Mitchell - Vassar College Encyclopedia - Vassar College". vcencyclopedia.vassar.edu. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2019. Consultado o 2021-05-08.
- ↑ Claramunt e Claramunt (2012)
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Altschuler e Ballesteros (2016).
- ↑ Calvo Iglesias, Encina (2016). Científicas y sufragismo. SIEMUS (Seminario Interdisciplinar de Estudios de las Mujeres de la Universidad de Sevilla. ISBN 978-84-945243-2-5.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210.
- Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maria Mitchell ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Maria Mitchell, la profesora de astronomía que con 14 años guiaba a los barcos balleneros no blog Mujeres con Ciencia.