Saltar ao contido

Miguel Louzao Outeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel Louzao Outeiro
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1974 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Orazo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo, escritor, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX4674373 BUSC: louzao-outeiro-miguel-1974 Dialnet: 1955382

Miguel Louzao Outeiro, nado en Orazo (A Estrada) o 24 de febreiro de 1974, é un filólogo e escritor galego.[1] [2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, Hispánica e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e profesor-lector de lingua, literatura e cultura galegas na Universidade Complutense de Madrid, cidade onde cursou un máster de Xestión Cultural na Universidade Carlos III. Foi membro do comité de redacción do Boletín Galego de Literatura e secretario da revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos. Ten colaborado tamén en publicacións como Tabeirós Terra de Montes, A Trabe de Ouro, Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca, Tempos Novos, Dorna e Olga, así como nos xornais Vieiros, Faro de Vigo e Praza Pública.

Profesor de ensino secundadrio desde 2005. Entre 2011 e 2018 foi director do CPI Aurelio Marcelino Rey García en Cuntis. Desde 2022 é Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario.

Foi fundador e vice-coordinador xeral da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, desde 2009 á súa disolución.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Informe de literatura 1997, 1998, Centro Ramón Piñeiro.
  • Informe de literatura 1998, 1999, Centro Ramón Piñeiro.
  • Informe de Literatura 1999, 2000, Centro Ramón Piñeiro.
  • Informe de Literatura 2000, 2001, Centro Ramón Piñeiro (en CD-ROM).
  • Informe de Literatura 2001, 2002, Centro Ramón Piñeiro (en CD-ROM).
  • Lingua e literatura 1º ESO, 2011, Xerais.
  • Lingua e literatura 1º ESO-Proposta didáctica, 2011, Xerais.
  • Lingua e literatura 3º ESO, 2011, Xerais.
  • Lingua e literatura 3º ESO-Proposta didáctica, 2011, Xerais.
  • Lingua e literatura 2º ESO, 2012, Xerais.
  • Lingua e literatura 2º ESO-Proposta didáctica, 2012, Xerais.
  • Lingua e literatura 4º ESO, 2012, Xerais.
  • Lingua e literatura 4º ESO-Proposta didáctica, 2012, Xerais.
  • Lingua e literatura 1º ESO, 2015, Xerais.
  • Lingua e literatura 3º ESO, 2015, Xerais.
  • Lingua e literatura 2º ESO, 2016, Xerais.
  • Lingua e literatura 4º ESO, 2016, Xerais
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
  • Lingua e literatura 1º ESO, 2021, Xerais.
  • Lingua e literatura 3º ESO, 2021, Xerais.
  • Enciende la luz. Palabras desde el Cáncer. 2021, Lastura.
  • Lingua e literatura 2º ESO, 2023, Xerais.
  • Lingua e literatura 4º ESO, 2023, Xerais.
  • Gañador do XIV Premio Carvalho Calero de investigación lingüística e literaria en 2005 por Letras da Cal na produción poética galega dos 90.[5]
  1. García, Rocío (2005-10-26). "«Nesta zona hai bos poetas que aínda son grandes descoñecidos»". La Voz de Galicia. Consultado o 2026-02-06.
  2. "Miguel Louzao Outeiro - Edicións Xerais". xerais.gal. Consultado o 2026-02-06.
  3. "Letras De Cal Na Producion PoÉtica Galega Dos 90 - Edicións Laiovento". laiovento.gal. Consultado o 2026-02-06.
  4. "Pai - Edicións Xerais". xerais.gal. Consultado o 2026-02-06.
  5. "Medulio publica las obras ganadoras del Carballo Calero". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-11-24. Consultado o 2026-02-06.