Usuario:Piquito/Portal:Galicia/Biografía destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Galicia:

1[editar | editar a fonte]

Manuel Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 15 de abril de 1892 e finado na mesma vila o 19 de abril de 1961, foi un reputado violinista, compositor e debuxante galego, posiblemente o músico galego que acadou maior renome internacional, sendo considerado un dos violinistas máis importantes do seu tempo. Foi anunciado en numerosas ocasión por parte dos críticos como "o mellor sucesor de Pablo Sarasate", e ás veces é referido como "o herdeiro espiritual de Sarasate".

Os grandes violinistas da súa época - Eugène Ysaÿe, Fritz Kreisler, George Enescu, Mischa Elman e Jascha Heifetz - así como compositores como Igor Stravinskii e Jean Sibelius, tiñan a arte de Quiroga en gran consideración. Guilhermina Suggia, a violonchelista portuguesa (e unha vez compañeira de Pau Casals), describiu a súa interpretación de Il trillo del diavolo de Giuseppe Tartini como "marabillosa e impecable".

Como compositor, Manuel Quiroga realizou numerosas pezas breves para violín, así como estudios e caprichos, transcricións e cadencias para algúns dos concertos máis destacables para violín, como o de Beethoven, Brahms ou Mozart (entre eles os números 3, 4, 5)


2[editar | editar a fonte]

Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.

Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias continúan sendo obxecto dunha abondosa bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio galego como no estranxeiro.

É tal a aceptación e o interese que as obras desta escritora espertan no mundo, que nas últimas décadas os seus poemas foron traducidos a linguas como o francés, o alemán, o ruso ou o xaponés. O 24 de febreiro de 2015, o Doodle Google estivo adicado a Rosalía de Castro, para conmemorar o 178 aniversario do seu nacemento.


3[editar | editar a fonte]

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Buenos Aires (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.

Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o Panteón de Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela), o 28 de xuño de 1984, coincidindo co aniversario do plebiscito que aprobou o Estatuto de Galiza. O mesmo día en que chegan os restos de Castelao, concédeselle a título póstumo a Medalla de Ouro de Galicia.


4[editar | editar a fonte]

Usuario:Piquito/Portal:Galicia/Biografía destacada/4

5[editar | editar a fonte]

Usuario:Piquito/Portal:Galicia/Biografía destacada/5

6[editar | editar a fonte]

Usuario:Piquito/Portal:Galicia/Biografía destacada/6

7[editar | editar a fonte]

Usuario:Piquito/Portal:Galicia/Biografía destacada/7

8[editar | editar a fonte]

Usuario:Piquito/Portal:Galicia/Biografía destacada/8

9[editar | editar a fonte]

Usuario:Piquito/Portal:Galicia/Biografía destacada/9

10[editar | editar a fonte]

Usuario:Piquito/Portal:Galicia/Biografía destacada/10