Disteleoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O alemán Haeckel, primeiro en enunciar as bases da teoría disteleolóxica.

A disteleoloxía é o punto de vista filosófico que defende que a existencia non ten causa final, é dicir, non ten un sentido último, fin ou propósito. Trátase dun termo moderno inventado e popularizado por Ernst Haeckel[1].

Historia e características[editar | editar a fonte]

A disteleoloxía é unha forma activa e optimista de ateísmo dende o punto de vista da ciencia. Estivo asociada nun principio con Haeckel e os seus seguidores, e hoxe en día está principalmente ligada ás formulacións teóricas de Richard Dawkins, Sam Harris ou Christopher Hitchens.

A filosofía occidental, dende Copérnico, foi avanzando de maneira progresiva cara a unha visión disteleolóxica, dun modo oposto ás perspectivas filosóficas e sobre todo relixiosas tradicionais. Por outra banda, as escolas filosóficas que rexeitan a disteleoloxía son o idealismo alemán (filosofías de Hegel e Schelling), a teoría integral e gran parte das doutrinas promulgadas polos seguidores do principio antrópico.

Tamén se chamou disteleoloxía á liña de razoamento da filosofía da relixión que se opón ao argumento teleolóxico e proclama que discordia, medo e mal no universo, suxiren a inexistencia de Deus ou forza creativa que subxaza, ou que, no caso desta existir sería un ente malevolente.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Chisholm, Hugh, ed (1911). Dysteleology. Encyclopædia Britannica (Undécima edición). Cambridge University Press. (en inglés)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]