Sterling Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sterling Brown
Alba Berlin  – No. 0
Información persoal
Nacemento 10 de febreiro de 1995 (29 anos)
Maywood, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 99 kg (219 lb)
Posición Ala / Escolta
Información da carreira
Instituto Proviso East (Maywood, Illinois)
Universidade SMU (2013–2017)
NBA Draft 2017 / Rolda: 2 / Elección: 46
Por Philadelphia 76ers
Carreira dende 2017
Historial de equipos
Milwaukee Bucks (2017–2020)
Wisconsin Herd (2017–2018)
Houston Rockets (2020–2021)
Dallas Mavericks (2021–2022)
Raptors 905 (2022–2023)
Los Angeles Lakers (2023)
Raptors 905 (2023)
Alba Berlin (2023–presente)

Sterling Damarco Brown, nado o 10 de febreiro de 1995 en Maywood, Illinois, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no Alba Berlín da Basketball Bundesliga. Con 1,96 metros de estatura xoga nas posicións de ala e escolta.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Brown foi seleccionado na 46ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Philadelphia 76ers. O 6 de xullo de 2017, os 76ers traspasaron os seus dereitos do Draft ós Milwaukee Bucks.[1] Brown debutou na NBA o 20 de outubro de 2017 contra os Cleveland Cavaliers, facendo tres puntos en seis minutos de xogo.[2]

O 26 de novembro de 2020, Brown asinou cos Houston Rockets.[3]

O 10 de agosto de 2021, Brown asinou cos Dallas Mavericks.[4] Debutou cos Mavericks o 21 de outubro de 2021, facendo tres puntos na derrota dos Mavericks por 87–113 contra os Atlanta Hawks.[5]

O 24 de xuño de 2022, os Mavericks traspasaron a Brown xunto a Boban Marjanović, Trey Burke, Marquese Chriss e os dereitos do Draft de Wendell Moore Jr. ós Houston Rockets, a cambio de Christian Wood.[6] O 30 de setembro de 2022, os Mavericks traspasaron de novo a Brown, xunto a David Nwaba, Trey Burke e Marquese Chriss ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Derrick Favors, Ty Jerome, Maurice Harkless, Théo Maledon e unha futura elección da segunda rolda do Draft.[7] O 2 de outubro de 2022, os Thunder cortaron a Brown.[8]

O 6 de xaneiro de 2023, Brown asinou un contrato de dez días cos Los Angeles Lakers,[9] e participou en catro partidos cos Lakers antes do remate do seu contrato e asinar cos Raptors 905 da NBA G League.[10]

O 14 de agosto de 2023, Brown asinou co Alba Berlín da Basketball Bundesliga.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bucks Acquire Draft Rights to Sterling Brown". National Basketball Association. 6 de xullo de 2017. Consultado o 6 de xullo de 2017. 
  2. "Cleveland Cavaliers 116; 97 Milwaukee Bucks". ESPN. 20 de outubro de 2017. Consultado o 5 de decembro de 2017. 
  3. "Rockets Announce Roster Additions". National Basketball Association. 26 de novembro de 2020. 
  4. "SMU-ex Brown formally signs with Mavericks". Mavs.com. 10 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  5. "Young, Hawks open season with 113–87 rout of Mavericks". ESPN. 21 de outubro de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  6. "Mavericks' trade for center Christian Wood is official". Dallas Mavericks. Consultado o 24 de xuño de 2022. 
  7. "Thunder Acquires Sterling Brown, Trey Burke, Marquese Chriss, David Nwaba and Generates Two Trade Exceptions". NBA.com. 30 de setembro de 2022. Consultado o 1 de outubro de 2022. 
  8. "OKC Thunder news: Sterling Brown waived". Yahoo Sports. Consultado o 2 de outubro de 2022. 
  9. "Lakers Sign Sterling Brown to 10-Day Contract". www.nba.com (en inglés). Consultado o 2023-01-06. 
  10. "2022-23 NBA G League Transactions". gleague.nba.com. 15 de xaneiro de 2023. Consultado o 15 de xaneiro de 2023. 
  11. "Lakers News: 2023 LA Role Player Agreeing To Deal With German Team". SI.com. 14 de agosto de 2023. Consultado o 14 de agosto de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]