Nikolai Severtzov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nikolai Severtzov
Северцов Николай Алексеевич.jpg
Nome completoНиколáй Алексе́евич Се́верцов (Nikolai Alekséievich Sévertsov)
Nacemento5 de novembro de 1827
 Gobernación de Vóronej
Falecemento8 de febreiro de 1885
 Río Don
Causaafogamento
NacionalidadeRusa
Alma máterUniversidade de Moscova
OcupaciónExplorador, naturalista
FillosAleksey Severtsov
PremiosMedalla Constantin
editar datos en Wikidata ]

Nikolai Alekséievich Sévertsov (en ruso Николáй Алексе́евич Се́верцов), coñecido nas linguas latinas como Nikolai Severtzov, nado o 5 de novembro de 1827 e finado o 8 de febreiro de 1885, foi un explorador e naturalista ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Severtzov estudou na Facultade de Física e Matemáticas da Universidade de Moscova e, aos 18 anos, entrou en contacto co científico Grigori S. Karelin e interesouse pola Asia central.

En 1857 uniuse a unha expedición ao río Sir Daria (no actual Casaquistán).[1] Nesta expedición foi capturado por uns bandidos e liberado un mes despois por militares rusos. Regresaría a esta rexión, a Tashkent, en 1864.

Contou a historia da súa aventura en Un mes de cativerio entre os kokandianos. Cun mapa do baixo Syr-Darya, publicado en San Petersburgo en 1860.[2]

Entre 1865 e 1868 explorou as montañas de Tian Shan (gran sistema montañoso da Asia central, localizado na rexión fronteiriza entre os actuais Casaquistán, Kirguizistán e a República Popular China), e o lago Issyk Kul.

En 1877-1878 visitou as montañas do Pamir, seguindo unha ruta próxima á actual estrada, chegando ao lago Yashil Kul e o río Ghunt. Alí estudou as liñas de migración das aves da Asia Central.

Severtzov publicou moitos libros sobre o reino animal, entre eles escribiu Distribución vertical e horizontal da vida salvaxe de Turquestán (1873), que incluía a primeira descrición de numerosas especies e subespecies, entre elas 384 de aves.

Unha subespecie de argalí (carneiro salvaxe) descrita por el, logo se denominou na súa honra Ovis ammon severtzovi. E unha especie de frinxílido, Carpodacus severtzovi, foi dedicada a el por Richard Bowdler Sharpe.

O 8 de febreiro de 1885 Severtzov morreu accidentalmente, afogado no río Don.[1]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Severtzov emprégase para recoñce a Nikolai Severtzov como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Anónimo (1885). "Obituario: Nikolai Alexsyewich Severtzoff". Ibis 3: 235–240. doi:10.1111/j.1474-919X.1885.tb06248.x. 
  2. Lorraine de Meaux (2010): La Russie et la tentation de l'Orient, Fayard. ISBN 978-2-213-63812-6, pp. 46-47.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]