Teresa Teng

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teresa Teng
鄧麗君銅像.jpg
Nacemento29 de xaneiro de 1953
 Baozhong
Falecemento8 de maio de 1995
 Chiang Mai
Causaasma
Soterradasen etiquetar
NacionalidadeTaiwán
Relixióncatolicismo
Ocupacióncantante, actriz, actriz de cinema e actriz de televisión
editar datos en Wikidata ]

Teresa Teng (chinés: 鄧麗君, simplificado: 邓丽君, Wade-Giles:Teng Li-chun, pinyin:Dèng Lìjūn, Pe̍h-ōe-jī:Tēng Lē-kun, xaponés: テレサ・テン), nada en Baojhong o 29 de xaneiro de 1953 e finada en Chiang Mai o 8 de maio de 1995 foi unha cantante pop taiwanesa, unha das máis famosas e con maior éxito das orixinadas no mundo mandarín. É coñecida nas comunidades chinesas de todo o mundo, especialmente nos países da Asia Oriental, mesmo en grupos que non falan mandarín como primeira lingua. A popularidade de Teng chegou ao seu cumio nas décadas de 1970 e 1980, e continuou a ser popular ata a súa morte en 1995. Teng foi coñecida polas súas cancións de música folclórica e polas súas baladas románticas, como "When Will You Return?", "As Sweet as Honey" e "The Moon Represents My Heart".[1]

Gravou cancións non só en mandarín, senón tamén en taiwanés,[2] cantonés,[3] xaponés,[4] indonesio e inglés. Tamén falaba francés con fluidez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Teresa Teng naceu en Baojhong (Condado de Yunlin) unha familia da China continental proveniente da provincia de Hebei. Foi educada na escola de nenas Ginling.

Cando era nova, Teng gañou concursos de talento debido á súa voz. O seu primeiro premio de importancia obtívoo en 1964 cando cantou "Visiting Yingtai" do filme "The Love Eterne" (梁山伯與祝英臺) dos Shaw Brothers, nun evento organizado pola Broadcasting Corporation of China e en pouco tiempo estivo en condicións de manter a súa familia como cantante. O crecemento da industria manufactureira en Taiwán durante a década de 1960 facilitou o acceso da poboación ás gravacións musicais. Co consentimento do seu pai, Teresa Teng abandonou os seus estudos para dedicarse á súa carreira de cantante profesional.

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1974 a canción "Airport" (空港, Kūkō), versionada en mandarín como "Lover's Care" (chinés: 情人的關懷) en 1976, converteuse nun éxito no Xapón. A popularidade de Teng alí continuou a pesar de ser vetada brevemente no país en 1979 por empregar un pasaporte indonesio falso que comprara por 20 000 dólares. O subterfuxio parecía necesario debido á ruptura de relacións entre a República da China e o Xapón que tivo lugar pouco despois de que a República Popular da China substituíse a Taiwán nas Nacións Unidas.

A súa popularidade estalou na década de 1970 tralo éxito no Xapón. Cantando en mandarín, cantonés, xaponés e indonesio e inglés, a súa influencia estendeuse por Malaisia e Indonesia. En Taiwán era coñecida non só como a máis popular exportación da illa, senón como "o amor do soldado", polas súas frecuentes actuacións para os militares. A propia Teng proviña dunha familia militar. Os seus concertos para as tropas incluían cancións folclóricas taiwanesas atraían os nativos da illa ademais de cancións folclóricas chinesas que gustaban aos morriñentos refuxiados da guerra civil.

A principios dos anos oitenta, a tensión política continua entre a China continental e Taiwán provocou que a súa música, xunto coa doutros cantantes de Taiwán e Hong Kong, fose prohibida durante varios anos na China por ser demasiado "burguesa".[5] Non obstante, a súa popularidade na China continuou a medrar grazas ao mercado negro. Como as cancións de Teng continuaban a ser tocadas en todas as partes, dende os clubs nocturnos aos edificios gobernamentais, a prohibición da súa música axiña foi levantada. Os seus seguidores alcumárona "Pequena Deng" porque tiña o mesmo nome de famlia que Deng Xiaoping; dicíase que "Deng o líder goberna polo día, mais Deng a cantante goberna pola noite"t.[6]

Teng cantou en París durante as protestas da Praza Tian'anmen en 1989, como forma de expresar o seu apoio aos estudantes. O 27 de maio dese ano, máis de 300 000 persoas asistiron ao concerto chamado "Cancións democráticas dedicadas á China" (chinés: 民主歌聲獻中華) no Happy Valley Racecourse de Hong Kong. Un dos momentos clave foi a súa interpretación de "My Home Is on the Other Side of the Mountain".[7]

Aínda que Teng actuou en moitos países do mundo, nunca cantou na China continental. O PCCh finalmente invitouna a facelo na década de 1990, mais faleceu antes de poder facelo.[8]

Morte[editar | editar a fonte]

Casa de Teresa Teng en Hong Kong

Teng faleceu dun ataque agudo de asma,[9] aínda que os médicos e a súa parella Paul Quilery especularon que morrera dun ataque cardíaco como consecuencia dun efecto secundario dunha sobredose de anfetaminas sen especificar mentres estaba de vacacións en Chiang Mai (Tailandia) aos corenta anos o 8 de maio de 1995.[10][11] Quilery estaba a comprar comida cando ocorreu o ataque.[11] El era consciente de que Teng dependía do mesmo medicamento nos dous meses antes da morte en que tivo pequenos ataques.[11] Teng foi asmática durante a súa vida adulta.

Teng recibiu honras de estado no seu funeral en Taiwán. O presidente Lee Teng-hui estaba entre os miles de asistentes. Foi enterrada en Chin Pao San, un cemiterio de New Taipei City que mira á costa de Taiwán. A tumba ten unha estatua de Teng e un gran piano electrónico no chan que pode ser tocado polos visitantes. O memorial adoita ser visitado polos seus seguidores.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wudunn, Sheryl. "Teresa Teng, Singer, 40, Dies; Famed in Asia for Edm Songs". The New York Times. 10 de maio de 1995.
  2. "鄧麗君 Teresa Teng 台灣語歌曲全集 Taiwanese Song Collection (Complete)". YouTube. 18 de marzo de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2019. 
  3. "鄧麗君 ~ 忘記他 Teresa Teng - Mong Gei Ta (Forget Him)". YouTube. 2012-12-17. Consultado o 17 de xullo de 2019. 
  4. "Teresa Teng - Toki No Nagare Ni Mi Wo Makase - 時の流れに身をま". YouTube. 17 de outubro de 2006. Consultado o 17 de xullo de 2019. 
  5. Kristof, Nicholas D. (19 de febreiro de 1991). "A Taiwan Pop Singer Sways the Mainland". The New York Times. Consultado o 25 de maio de 2010. 
  6. Zhou, Kate (2011). China's Long March to Freedom: Grassroots Modernization. Transaction Publishers. páx. 145.
  7. "YouTube" (video). Google. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2011. 
  8. Zhao, Lei (3 de agosto de 2006). "Why Teresa Teng Could Not Visit Mainland China". Southern Weekend (via Sina.com). Consultado o 23 de marzo de 2007. 
  9. WuDUNN, SHERYL (10 de maio de 1995). "Teresa Teng, Singer, 40, Dies; Famed in Asia for Love Songs". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  10. "Google Doodle Celebrates Singing Sensation Teresa Teng". Time (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2019. 
  11. 11,0 11,1 11,2
  12. Teresa Teng's grave. North Coast & Guanyinshang official website. Consultado o 2 de xaneiro de 2007. Arquivado 30 de agosto de 2005 en Wayback Machine.