Sydney Pollack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Sydney Pollack
Sydney Pollack.jpg
Nacemento 1 de xullo de 1934
Lugar Nova York
Falecemento 26 de maio de 2008
Lugar Pacific Palisades
Causa Cancro de estómago
Nacionalidade Estados Unidos de América
Profesión produtor de cine, actor, actor de televisión, actor de cinema, director de televisión, director de cine, Piloto e actor de xénero
editar datos en Wikidata ]

Sydney Irwin Pollack, nado en Lafayette (Indiana) o 1 de xullo de 1934 e finado en Pacific Palisades (California) o 26 de maio de 2008, foi un director de cinema, produtor e actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A pesar dos seus plans para estudar medicina, marchou a Nova York tralo instituto para estudar interpretación. Despois de dous anos de servizo militar, o seu amigo John Frankenheimer invitouno a ir ós Ánxeles para axudarlle cos nenos actores da súa película The Young Savages. Alí coñeceu a Burt Lancaster, que lle suxeriu que cambiara a interpretación pola dirección.

Os seus primeiros éxitos chegáronlle na televisión, en series coma The Fugitive ou Alfred Hitchcock Presents. Aínda sendo máis lembrado como director de filmes como They Shoot Horses, Don’t They, Tootsie ou Out of Africa, coa que gañou o oscar ao mellor director, seguiu desenvolvendo unha carreira como actor, facendo pequenos papeis en películas coma Husbands and Wifes, de Woody Allen ou Eyes Wide Shut, de Stanley Kubrick, así coma na serie The Sopranos.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]