As aventuras de Jeremiah Johnson
Aparencia
| As aventuras de Jeremiah Johnson | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||
As aventuras de Jeremiah Johnson (en inglés: Jeremiah Johnson) é un filme estadounidense dirixido por Sydney Pollack que se estreou en 1972. Baséase nos libros Mountain Man de Vardis Fisher e Crow Killer de Raymond W. Thorp Jr. e Robert Bunker. Estreouse en galego na TVG o 17 de abril de 2011.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Despois de desertar da guerra entre os Estados Unidos e México e farto da civilización, o soldado Jeremiah Johnson, decide deixalo todo e establecerse nas montañas xeadas. Alí, coa axuda dun vello cazador, terá que loitar para sobrevivir. Descubrirá a violencia dos indios que habitan esas terras e terá que defender a súa familia. Finalmente, a súa ira caerá sobre a tribo dos crow.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Robert Redford como Jeremiah Johnson
- Will Geer como Bear Claw Chris Lapp
- Stefan Gierasch como Del Gue
- Delle Bolton como Cisne
- Josh Albee como Caleb
- Joaquín Martínez como Paints His Shirt Red
- Allyn Ann McLerie como Muller tola
- Paul Benedict como Reverendo Lindquist
- Jack Colvin como Tenente Mulvey
- Matt Clark como Qualen
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1972: Festival de Cannes: Nomeado á Palma de Ouro (mellor filme).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "As aventuras de Jeremiah Johnson na TVG". DiarioSiglo XXI. 15 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 6 de marzo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)