Saltar ao contido

Soraya Sáenz de Santamaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSoraya Sáenz de Santamaría

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Soraya Sáenz de Santamaría Antón Editar o valor em Wikidata
10 de xuño de 1971 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Membro Consello de Estado de España
2018 –
Minister of the Presidency and Territorial Administration (en) Traducir
4 de novembro de 2016 – 7 de xuño de 2018
← Soraya Sáenz de Santamaría, Cristóbal MontoroCarmen Calvo, Meritxell Batet →
Deputada de España
14 de xullo de 2016 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
7 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Minister of Health, Social Services and Equality (en) Traducir
26 de novembro de 2014 – 3 de decembro de 2014
← Ana Mato AdroverAlfonso Alonso →
Ministro de Xustiza de España
24 de setembro de 2014 – 29 de setembro de 2014
← Alberto Ruiz-GallardónRafael Catalá →
Voceiro do Goberno de España
22 de decembro de 2011 – 4 de novembro de 2016
← José BlancoÍñigo Méndez de Vigo →
Vicepresidencia do Goberno de España
22 de decembro de 2011 – 7 de xuño de 2018
← Elena SalgadoCarmen Calvo →
Ministro da Presidencia de España
22 de decembro de 2011 – 4 de novembro de 2016
← Ramón JáureguiSoraya Sáenz de Santamaría →
Deputada de España
2 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
13 de maio de 2004 – 15 de xaneiro de 2008
← Rodrigo Rato

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Altura1,52 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , avogado do estado , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsello de Estado de España (2018–)
Universidade Carlos III de Madrid (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Twitter: Sorayapp Dialnet: 1195515 Editar o valor em Wikidata

María Soraya Sáenz de Santamaría Antón, nada en Valladolid o 10 de xuño de 1971,[1] é unha política española pertencente ao Partido Popular. Entre 2011 e 2018 foi a vicepresidenta e ministra da Presidencia do Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy.

Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do Partido Popular e un escano de deputada por Madrid durante a VIII Lexislatura (2004-2008). Na IX Lexislatura foi designada por Mariano Rajoy como a portavoz do Grupo Popular no Congreso dos Deputados, en substitución de Eduardo Zaplana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Valladolid en 1971 e estudou secundaria no Instituto Zorrilla. Obtivo a licenciatura en Dereito na Universidade de Valladolid cando tiña 23 anos, quedando primeira da súa promoción.[2] Con 27 anos, ingresou por oposición no corpo de avogados do Estado, sendo destinada inicialmente a León. Foi profesora asociada de Dereito administrativo na Universidade Carlos III de Madrid.[3]

Casou, polo civil e no Brasil, co avogado do Estado José Iván Rosa *Vallejo no ano 2005 e é nai de Iván, nacido o 11 de novembro de 2011.[4] O seu esposo foi contratado por Telefónica como asesor xurídico da súa división internacional (TISA).[5]

Carreira política[editar | editar a fonte]

En 2000, logo de exercer como avogada do Estado en León, iniciouse en política como asesora do entón ministro Mariano Rajoy,[6] ás ordes directas do seu director de gabinete Francisco Villar García-Moreno.

É especialista en política territorial, motivo polo cal ocupou o cargo de secretaria executiva de Política Autonómica e Local do Partido Popular. Ademais, é membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.[7]

Nas eleccións xerais de 2004 colaborou no deseño do programa do Partido Popular; nesas mesmas eleccións figurou no número 18 das listas electorais ao Congreso dos Deputados, non resultando elixida e accedendo posteriormente ao escano cando Rodrigo Rato, número dous da lista, trasladouse a Washington para presidir o Fondo Monetario Internacional.

Nas eleccións xerais de 2008, figurou no quinto posto das listas para o Congreso pola provincia de Madrid, resultando elixida deputada.

O 31 de marzo de 2008, o líder do PP, Mariano Rajoy, anunciou que Soraya Sáenz de Santamaría ocuparía o cargo de portavoz do Partido Popular no Congreso dos Deputados en lugar de Eduardo Zaplana, que ocupou o mesmo cargo na anterior lexislatura.[8]

Tras gañar o Partido Popular as eleccións xerais celebradas o 20 de novembro de 2011, o líder do PP, Mariano Rajoy, designou a Soraya Sáenz de Santamaría para dirixir o equipo de traspaso de poderes entre o Goberno saínte, do PSOE, e o Goberno entrante, do PP.[9]

O día 21 de decembro de 2011 foi nomeada vicepresidÍenta, ministra da Presidencia, coas competencias sobre os servizos de intelixencia, que anteriormente estaban incluídas en Defensa, e voceira do executivo presidido por Mariano Rajoy.[10], cargo que ostentou ata o 3 de novembro de 2016.

Dende 2012 foi presidenta do Padroado da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas.[11]

En 2014 asumiu como interina os Ministerios de Xustiza (23-29 de setembro) e de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (26 de novembro - 3 de decembro) ao seren cesados os respectivos titulares e antes de que se levara a cabo nomeamento dos substitutos.[12][13]

Durante a XI Lexislatura das Cortes Xerais (2016), exerceu en funcións os seus cargos no goberno de España, pois esa lexislatura esgotouse antes de tempo por mor da imposibilidade do Congreso para investir un presidente de goberno polo que se produciu a disolución automática das cámaras lexislativas (Congreso e Senado) e a conseguinte nova convocatoria electoral.

Ao comezo da XII Lexislatura (tamén 2016), se produciu a segunda investidura de Mariano Rajoy como presidente e foi renovado o seu nomeamento como ministra da Presidencia e das Administracións Públicas (4 de novembro de 2016), momento no que foi relevada das súas funcións de voceira do goberno, cargo que recaeu en Íñigo Méndez de Vigo.

O 7 de xuño de 2018 deixa de ser vicepresidenta e ministra do goberno Español, tras ser aprobada a moción de censura contra Mariano Rajoy e ser investido presidente Pedro Sánchez. Trala dimisión de Mariano Rajoy á presidencia do PP, presentou a súa candidatura no proceso de primarias e aínda que, co 36,9% dos votos,[14] foi a máis votada na primeira rolda na votación da afiliación celebrada o 5 de xullo de 2017, na segunda volta, o 22 de xullo de 2018, na votación dos compromisarios, perdeu a presidencia ante Pablo Casado, que tivo o 57,2% dos votos fronte ao 42,8% recibido por Soraya.[15]


Predecesor:
Eduardo Zaplana
 
Portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados de España
 
2008 - 2011
Sucesor:
Alfonso Alonso
Predecesor:
Elena Salgado
 
Vicepresidenta Primeira do Goberno de España
 
2011 - 2018
Sucesor:
Carmen Calvo
Predecesor:
Ramón Jáuregui
 
Ministra de Presidencia de España
 
2011 - 2018
Sucesor:
Carmen Calvo
Predecesor:
José Blanco
 
Portavoz do Goberno de España
 
2011 - 2016
Sucesor:
Íñigo Méndez de Vigo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rajoy felicita a Soraya Sáenz de Santamaría por su maternidad". europapress.es. 11 de novembro de 2011. Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  2. Lista para a batalla · elpais.com
  3. ""Dpto. de Dereito Administrativo da UC3M"". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2012. Consultado o 08 de novembro de 2012. 
  4. Soraya Sáenz de Santamaría dá a luz a un neno· ELPAÍS.com
  5. "Telefónica ficha como asesor xurídico ao marido de Soraya Sáenz de Santamaría". La Voz de Galicia. 22 de marzo de 2012. Consultado o 25 de marzo de 2012. 
  6. Diario el País, 6 de abril de 2008
  7. elmundo.es | Encontro dixital con Soraya Sáenz de Santamaría
  8. Rajoy inicia a renovación do PP colocando a Sáenz de Santamaría como portavoz no Congreso · ELPAÍS.com
  9. Sáenz de Santamaría e Jáuregui dirixirán o traspaso de poderes · elmundo.es
  10. "Real Decreto 1826/2011, de 21 de decembro, polo que se nomean Ministros do Goberno" (PDF). BOE. 22 de decembro de 2011. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  11. "EL PATRONATO". fiiapp.org. Consultado o 22-07-2018. 
  12. "Real Decreto 987/2014, de 26 de noviembre, por el que se dispone que, como consecuencia de la vacante en el cargo de Ministra de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, la Vicepresidenta del Gobierno y Ministra de la Presidencia asuma el despacho ordinario de los asuntos correspondientes al titular del citado Departamento" (PDF). boe.es. nº 287. 27-11-2014. p. 96751. Consultado o 22-07-2018. 
  13. "Real Decreto 816/2014, de 23 de septiembre, por el que se dispone que, consecuencia de la vacante en el cargo de Ministro de Justicia, la Vicepresidenta del Gobierno y Ministra de la Presidencia asuma el despacho ordinario de los asuntos correspondientes al titular del citado Departamento." (PDF). boe.es. nº 32. 24-09-2014. p. 74673. Consultado o 22-07-2018. 
  14. Bareño, Gonzalo (06-07-2018). "Gana Soraya, pero Casado apunta a sucesor". lavozdegalicia.es. Consultado o 22-07-2018. 
  15. Bareño, Gonzalo (22-07-2018). "El triunfo de Casado entierra el marianismo". lavozdegalicia.es. Consultado o 22-07-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]