Ana Mato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ana Mato
Ana Mato2.jpg
Ana Mato
Datos persoais
Nacemento 24 de setembro de 1959 (57 anos)
Lugar España Madrid
Organización Partido Popular

Ana Mato Adrover, nada en Madrid o 24 de setembro de 1959, é unha política española que pertence ao Partido Popular. Foi Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade do Goberno de España dende o 22 de decembro de 2011 ata novembro de 2014. É irmá de Gabriel Mato, tamén político.

Foi tamén vicesecretaria xeral do Partido Popular, encargada da organización do partido e de temas electorais, entre 2008 e 2012. Anteriormente foi eurodeputada do Parlamento Europeo entre o ano 2004 e 2008.

Está separada do ex-alcalde de Pozuelo de Alarcón, Jesús Sepúlveda, imputado polo Caso Gürtel, co que ten tres fillos. Dimitiu como Ministra o 26 de novembro de 2014 pola súa implicación no Caso Gürtel[1]. Uns meses despois anunciu a súa retirada da política[2], se ben continuou no seu posto de deputada ata a disolución das Cortes previa ás Eleccións Lexislativas de 2015.


Predecesor:
ningún
People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Vicesecretaria xeral do Partido Popular

2008 - 2012
Sucesor:
Carlos Floriano
Predecesor:
Leire Pajín
Escudo de España.svg
Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de España

2011 - 2014
Sucesor:
Alfonso Alonso

Notas[editar | editar a fonte]