Saltar ao contido

Francisco Villar García-Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Villar García-Moreno
Nome orixinal(es) Francisco Villar García-Moreno Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1948 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de outubro de 2011 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
25 de marzo de 2008 – 26 de outubro de 2011

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
24 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Q50742582 Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Premios


Francisco José Villar García-Moreno nado en Madrid o 25 de febreiro de 1948 e finado na mesma cidade o 26 de outubro de 2011[1], foi un médico e político galego do Partido Popular.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Madrid, toda a súa familia se trasladou sendo el novo a Vigo, e foi en Galicia onde estudou e onde desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional. Afeccionado ao atletismo cando mozo[2], licenciouse en Medicina[3] pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou inicialmente como cirurxián en Soria, ata que puido trasladarse a Galicia, primeiro a Lugo e posteriormente a Pontevedra.

Amigo persoal de Mariano Rajoy, sendo conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia Manuel Montero Gómez foi nomeado delegado provincial en Pontevedra (1990), e en 1991, xa no equipo de Xosé Manuel Romay Beccaría, director xeral do Sergas. Estivo á fronte do Sergas durante cinco anos, ata que en 1996 pasou a ser secretario de Estado de Administracións Públicas do ministerio de Administracións Públicas, o primeiro dun goberno do Partido Popular, e ás ordes precisamente de Mariano Rajoy. Durante ese período de goberno do Partido Popular en España percorreu distintos cargos en postos de confianza dependentes de Mariano Rajoy. En 1999 pasou a ser secretario de Estado para o Deporte e en 2000 xefe de gabinete de Rajoy no ministerio de Presidencia, en 2001 de Interior e en 2002 de ministerio de Presidencia de novo. Ese ano nomeouno Rajoy coordinador operativo da xestión da catástrofe do Prestige. Durante esa época traslada tamén a súa praza ao Hospital Clínico de Madrid.

Logo de ser nomeado candidato Mariano Rajoy á presidencia do goberno, deixou os cargos institucionais e ocupouse do traballo de ser o xefe de gabinete persoal de Rajoy. Presentouse como candidato a deputado pola circunscrición de Madrid e resultou elixido, se ben o Partido Popular pasou á oposición nesas eleccións. Continuou como xefe de gabinete de Rajoy ata as eleccións de 2008, nas que resultou reelixido deputado por Madrid, pero onde permaneceu na oposición. Dende aquela foi voceiro adxunto do Partido Popular no Congreso. Enfermo de cancro, foi incluído nas listas populares ás eleccións de 2011, pero faleceu un mes antes de que se celebrasen os comicios.

Galardóns

[editar | editar a fonte]
  • Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo (2002).
  1. "Fallece el diputado Francisco Villar, estrecho colaborador de Rajoy". Público (en castelán). 26 de outubro de 2011. 
  2. "Falleció Francisco Villar, ex secretario de Estado". As (en castelán). 26 de outubro de 2011. 
  3. "Francisco Villar, un cirujano gran aficionado al deporte, muy próximo a Rajoy". El Correo (en castelán). EFE. 26 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]