Alfonso Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfonso Alonso
Nacemento14 de abril de 1967
Lugar de nacementoVitoria
NacionalidadeEspaña
Alma máterFacultade de Dereito (Universidade do País Vasco) e Universidade do País Vasco
Ocupaciónpolítico e avogado
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll
Na rede
Twitter: AlfonsoAlonsoPP Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Alonso Aranegui, nado en Vitoria o 14 de abril de 1967, é un político español do Partido Popular. Foi alcalde de Vitoria entre 1999 e 2007, e deputado pola circunscrición de Áraba entre 2000 e 2001 e dende 2008. Entre 2008 e 2011 (IX Lexislatura) foi voceiro adxunto do PP no Congreso dos Deputados, e dende 2011 é o seu voceiro titular para a X Lexislatura do actual período democrático. En decembro de 2014 foi nomeado ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia e formación[editar | editar a fonte]

Natural de Vitoria, procede dunha influente familia desta cidade. O seu avó materno, Manuel Aranegui y Coll, foi presidente da Deputación de Áraba entre 1957 e 1966, durante a Ditadura franquista. A súa familia paterna provén en parte de Donostia, Alfonso Alonso é, sobriño-neto, entre outros, dos tenistas José María Alonso Areyzaga e Manuel Alonso de Areyzaga, así como de Asis Alonso Areyzaga, que foi tamén tenente-alcalde de Donostia. O seu pai, Ramón Alonso Verástegui, é pintor e reside en Tenerife dende 1975. Está casado e ten catro fillos.

Alfonso Alonso é licenciado en filoloxía románica e en dereito, e exerceu profesionalmente como avogado. En 1996 entrou no concello da súa cidade natal como concelleiro.

Alcalde de Vitoria[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 1999 a súa candidatura foi a máis votada, de modo que accedeu á alcaldía. En 2000 encabezou a lista do seu partido por Áraba, pero en 2001 renunciou para centrarse no seu labor como alcalde. En 2003 volveu gañar as eleccións municipais. En 2007 a lista máis votada no concello de Vitoria foi a de Patxi Lazcoz do PSE-EE, que foi investido alcalde ao non presentar ningún partido (incluíndo o PP) candidato alternativo.

Deputado no Congreso e Ministro[editar | editar a fonte]

Encabezou de novo a lista do PP por Áraba nas eleccións xerais de 2008, formando parte da dirección do grupo parlamentario popular no Congreso dos Deputados. Repetiu nas eleccións xenerais de 2011 e obtivo a vitoria na circunscrición de Áraba.

O 12 de decembro de 2011 foi proposto por Mariano Rajoy como voceiro do grupo popular no Congreso dos Deputados para a X Lexislatura,[2] cargo que desempeñou dende o 13 de decembro dese mesmo ano. Tras a dimisión de Ana Mato como ministra de Sanidade polo caso Gürtel, o 3 de decembro de 2014 foi nomeado polo presidente Rajoy para substituíla nese posto.[3]

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alfonso Alonso, novo ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade". El Mundo. 2 de decembro de 2014. 
  2. "Alfonso Alonso será voceiro do PP no Congreso". El Correo. 12 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2018. Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  3. «Alfonso Alonso, novo ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade», RTVE, 2 de decembro de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José Ángel Cuerda

Alcalde de Vitoria

1999-2007
Sucesor:
Patxi Lazcoz
Predecesor:
Ramón Rabanera

Presidente do PP de Áraba

2008-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Soraya Sáenz de Santamaría

Voceiro do Grupo Popular no
Congreso dos Deputados de España

2011-2014
Sucesor:
Rafael Hernando
Predecesor:
Ana Mato

Ministro de Sanidade, Servizos
Sociais e Igualdade de España

2014-actualidade
Sucesor:
No cargo