Saltar ao contido

Franz Steindachner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFranz Steindachner

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1834 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1919 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Director de museo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía, Ictioloxía e Herpetoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Viena Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo, herpetólogo, explorador, ictiólogo, naturalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1854 Editar o valor en Wikidata - 1919 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaSteindachner Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih,
Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) Traducir, (p.57) Editar o valor en Wikidata

Franz Steindachner, nado o 11 de novembro de 1834 wn Viena e finado o 10 de decembro de 1919 na mesma cidade, foi un zoólogo austríaco que destacou en ictioloxía e en herpetoloxía, xa que publicou máis de 200 artigos sobre peixes e máis de 50 sobre réptiles e anfibios,[1] e describiu centos de novas especies de peixes e moitas outras de novos anfibios e réptiles.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Interesado na historia natural, Steindachner comezou dedicándose ao estudo dos peixes fósiles por recomendación do seu amigo Eduard Suess (1831-1914).

En 1860 foi designado director da colección de peixes do Naturhistorisches Museum (Museo de Historia Natural) de Viena, posto que permanecía vacante dende a morte de Johann Jakob Heckel (1790-1857).

A reputación de Steindachner como ictiólogo foi medrando e, en 1868, foi convidado por Louis Agassiz (1807-1873) a desempeñar un posto no Museo de Zooloxía Comparada da universidade de Harvard. Steindachner participou na expedición de Hassler de 1871-1872 (unha viaxe que circunnavegou Suramérica, partindo de Boston e que rermatou en San Francisco).

En 1874 regresou a Viena e, en 1887, foi nomeado director do Departamento de Zooloxía do Museo de Historia Natural de Viena e, en 1898 foi ascendido a director do mesmo.

Steindachner realizou numerosas viaxes de investigación durante toda a súa carreira, visitando a Península Ibérica, as illas Canarias, o mar Vermello, o Senegal, América Latina e moitos outros lugares.

Steindachner deu fama e categoría de primeiro nivel á colección do Museo de Historia Natural de Viena. Dita colección foi ampliada a partir de envíos que lle facían os oficiais do exército austríaco, e por adquisicións do propio Steindachner.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras máis coñecidas están:

  • 1863. Ichthyologische Notizen, da que se publicaron 8 edicións.
  • 1874. Ichthyologische Beiträge
  • 1879. Beitäge zur Kenntniss der Flussfische Südamerikas.
  • 1901. Geschichte des Zoologie in Österreich von 1850 bis 1900.
  • En 1875 foi nomeado membro da Academia de Ciencias de Viena.
  • En 1892 foi nomeado membro da Academia Alemá de Ciencias Leopoldina.

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Steindachner emprégase para indicar a Franz Steindachner como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Kähsbauer, P. (1959): "Intendant Dr. Franz Steindachner, sein Leben und Werk". Ann. Naturhist. Mus. Wien 63: 1-30.
  2. Especies de ráptiles descritos por Steindachner en The Reptile Database.
  3. Steindachneridion en FishBase.
  4. Steindachnerina en FishBase.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Adler, Kraig (1989): Contributions to the History of Herpetology, Society for the study of amphibians and reptiles. ISBN 0-916984-19-2
  • Herzig-Straschil, Barbara (1997): Franz Steindachner (1834-1919) and Other Prime Contributors to the Ichthyological Collection of the Naturhistorisches Museum Wien Collection building in ichthyology and herpetology (Theodore W. Pietsch et William D. Anderson dir.) Special publication 3. Am. Soc. of Ichthyologists and Herpetologists. ISBN 0-935858-91-7, pp. 101-108.
  • Tiedemann, Franz & Heinz Grillitsch (1997): A History of the Herpetological Collection at the Naturhistorisches Museum Wien, Collection building in ichthyology and herpetology (Theodore W. Pietsch et William D. Anderson dir.) Special publication 3. Am. Soc. of Ichthyologists and Herpetologists. ISBN 0-935858-91-7, pp. 108-114.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]