Solea aegyptiaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Solea aegyptiaca
Linguado de Exipto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Soleidae
Xénero: Solea
Especie: S. aegyptiaca
Nome binomial
Solea aegyptiaca
Chabanaud, 1927

Solea senegalensis Chabanaud, 1927 é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como linguado de Exipto.[2]

É unha especie moi semellante ao linguado común (S. solea), coa que adoito se confunde, que habita nas costas do Mediterráneo oriental, desde Tunisia e o extremo sur do mar Adriático até Exipto.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1927 polo ictiólogo francés Paul Chabanaud.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome orixinario, e actualmente válido, que lle impuxo Chabanaud, a especie coñécese tamén polo sinónimo Solea vulgaris aegyptiaca Chabanaud, 1927,[1] é dicir, como subespecie de Solea vulgaris, que definira Quensel en 1806, no seu traballo Försök att närmare bestämma och naturligare uppställa svenska arterna af flunderslägte. K. Sven. Vetenskapsakad. Handl. vol. 27, pp. 44–56 e 203-233,[3] e que hoxe está idenfificada como Solea solea.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Moi semellante a Solea solea, o linguado común, do que difire só nalgúns detalles anatómicos e da coloración:

O tamaño máximo desta especie é de [4]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, que adoita habitar a profundidades de até os 100 m,[5] en augas subtropicais do Mediterráneo oriental, desde Tunisia e o sur do mar Adriático até Exipto, inclñuíndo o canal de Suez.[6]

Predominantemente litoral, vive en fondos areosos ou lamacentos, até os 100 m de profundidade.[6]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntase basicamente de invertebrados bentónicos, como vermes poliquetos, cnidarios, moluscos bivalvos e pequenos crustáceos.[6]

Especie semellante[editar | editar a fonte]

A miúdo confúndese coa especie simpátrica Solea vulgaris Quensel 1806, un sinónimo de Solea solea (Linnaeus, 1758.[6]

Pesca[editar | editar a fonte]

Solea aegyptiaca captúrase na súa área de distribución, na zona de pesca 37 (Mediterráneo).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Solea aegyptiaca Chabanaud, 1927 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85.
  3. 3,0 3,1 Solea vulgaris Quensel, 1806 no WoRMS.
  4. Desoutter, M. (1986): "Soleidae", pp. 430-431, en: J. Daget, J.-P. Gosse & D. F. E. Thys van den Audenaerde, eds. Check-list of the freshwater fishes of Africa (CLOFFA). ISNB, Brussels; MRAC, Tervuren; and ORSTOM, Paris. Vol. 2.
  5. FAO EastMed Project (2013): Species identification plates, Arabic/Egyptian/English version 2013. FAO EastMed Project.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Solea aegyptiaca Chabanaud, 1927 en FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bauchot, M. L. (1987): "Poissons osseux", pp. 891–1421, en: W. Fischer, M. L. Bauchot & M. Schneider, eds. Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Roma: Commission des Communautés Européennes et FAO.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]