Skellefteå
Skellefteå | ||
---|---|---|
| ||
![]() | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Condado | Västerbotten | |
Municipio | Skellefteå | |
Xeografía | ||
Superficie | 21,74 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 72 723 | |
Outros datos | ||
http://portal.skelleftea.se/ |
Skellefteå é unha cidade sueca no condado de Västerbotten e é a capital do municipio de Skellefteå. No ano 2017 tiña 72 723 habitantes.[1]
Skellefteå é unha cidade industrial histórica, sendo a minería, principalmente a do ouro, unha das industrias máis importantes. Politicamente é un importante bastión do Partido Socialdemócrata Sueco. A cidade é moi coñecida polo seu equipo de xoquei sobre xeo, o Skellefteå AIK, que xoga na principal división do país gañando o título en varias ocasións.
A cidade fundouse no ano 1845 e medrou principalmente durante as décadas de 1950 e 1960 ata case alcanzar o seu tamaño actual. É a segunda cidade máis grande de Västerbotten tras Umeå e atópase a medio camiño entre esta e Luleå, a uns 15 quilómetros da costa do golfo de Botnia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Statistiska centralbyrån (ed.). "Population in the country, counties and municipalities on 31/12/2017 and Population Change in 2017" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 23 de outubro de 2018.