Saltar ao contido

Skellefteå AIK

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skellefteå AIK
Fundación1921
CidadeSkellefteå,
Västerbotten
Suecia
EstadioSkellefteå Kraft Arena
(6.001 espectadores)
LigaSHL
Campionatos2
DirectorPer-Anders Israelsson
Adestrador Anders Forsberg
CoresAzul, branco e amarelo
           
Na rede
http://www.skellefteaaik.se/
Facebook: skellefteaaikhockey Twitter: skelleftea_aik Editar o valor en Wikidata

O Skellefteå allmänna idrottsklubb, máis coñecido como Skellefteå AIK, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Skellefteå (Suecia). Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, a SHL, competición que gañou na tempada 1977-78. Xoga os seus partidos como local no Skellefteå Kraft Arena, un pavillón con capacidade para 6.001 espectadores.

O Skelleftå AIK (SAIK) foi fundado en 1921 pero non comezou a práctica do hóckey sobre xeo ata 1943, con partidos de adestramento. A evidente similitude co club sueco AIK é doada de explicar, xa que daquela o AIK era un club moi popular en Suecia e con moitos seareiros, incluídos os fundadores do SAIK, que elixiron un nome similar, cores e emblema. Na tempada 1943-44 o club xogou na liga local Skellefteserien, que non finalizou debido a causas climatolóxicas que impediron que os partidos se disputaran ao aire libre. En 1985 a organización do club de hóckey separouse e creou un club de hóckey denominadoSkellefteå AIK.

En 1955 o SAIK clasificouse para disputar a máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco. Por esa data o equipo era dirixido pola chamada Liña do Mosquito, integrada por Anders "Akka" Andersson, "Garvis" Määttä e Kalle Hedlund. Na tempada 1957-58 gañou o grupo norte da Hockeyallsvenskan e finalmente rematou segundo na SM-serien, só superado polo campión Djurgårdens IF. SAIK xogou posteriormente na Division 1 Norte ata 1967. O club tivo dificultades para clasificarse para continuar xogando na Division 1, mais en 1975 gañou as series e logo finalizou na cuarta posición da SM-serien. Cando a máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco se creou baixo o nome de SHL en 1975, o SAIK foi un dos equipos participantes.

Na liga regular da tempada 1977-78, Martin Karlsson liderou a liga en goles e puntos, mentres que Hardy Nilsson foi o xogador máis penalizado da liga. O SAIK gañou os playoffs polo título liderados por Göran Lindblom (cinco goles e catro asistencias en cinco partidos), converténdose nos campións suecos en 1978, e en 1981 converteuse en campión da liga regular.

En 1989 o SAIK descendeu, mais tras xogar 16 tempadas na segunda categoría (a Hockey Allsvenskan), o SAIK clasificouse novamente para xogar na máxima categoría, xogando na Elitserien dende a tempada 200607.

Na súa primeira tempada logo de retornar á máxima categoría, o Skellefteå AIK converteuse no mellor debutante da Elitserien con 73 puntos en 55 partidos. Nun momento da tempada 2001-08 chegou a liderar a liga por primeira vez en 30 anos e clasificouse para os playoffs por primeira vez dende 1981 tras rematar oitavo. Nos cuartos de final o Skellefteå caeu derrotado fronte ao que sería campión ese ano, o HV71, por 4 partidos a un. Ao final da tempada 2008-09 clasificouse novamente para os playoffs, derrotando nos cuartos de final ao Linköpings HC en 7 partidos, remontando un 1-3 inivial para rematar gañando por 4-3. No sétimo partido, Skellefteå gañou o partido no tempo extra, que se fora ao sexto período (converténdose así no terceiro partido máis longo da historia da Elitserien) cun gol de Kimmo Koskenkorva. Nas semifinais o Skellefteå caeu en catro partidos fronte ao Färjestad BK, que finalmente se convertería en campión.

A tempada seguinte, o SAIK enfrontouse ao Färjestad nos playoffs de novo, desta vez nos cuartos de final. O Skellefteå gañou a serie en sete partidos e pasou a enfrontarse ao HV71, que gañou en cinco partidos para finalmente converterse novamente en campións no 2010.

Skellefteå contou coas tres máximos goleadores da liga nas tempadas 2010–11Joakim Lindström, Mikko Lehtonen e David Rundblad. Nos playoffs o Skellefteå chegou ás finais por primeira vez en 33 anos, mais caeu en cinco partidos fronte ao Färjestad.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]