Singin' in the Rain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Singin' in the Rain
Singin' in the Rain trailer.jpg
Gene Kelly, Debbie Reynolds e Donald O'Connor no tráiler do filme.
Ficha técnica
Título orixinalSingin' in the Rain
Director
ProdutorArthur Freed
Guión
Baseado en
  • Betty Comden
  • Adolph Green
Intérpretes
MúsicaLennie Hayton (banda sonora orixinal)[1]
Cancións:
Nacio Herb Brown (música)
Arthur Freed (letras)
FotografíaHarold Rosson
MontaxeAdrienne Fazan
EstudioMetro-Goldwyn-Mayer
DistribuidoraLoew's Inc.
EstreaRadio City Music Hall: 27 de marzo de 1952
Flag of the United States.svg 11 de abril de 1952
Duración103 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroMusical
Orzamento2,5 millóns de dólares[2]
Recadación12,4 millóns de dólares[2]

Singin' in the Rain é un filme estadounidense de 1952 dirixido e coreografado por Gene Kelly e Stanley Donen. Está protagonizado polo propio Kelly, Donald O'Connor e Debbie Reynolds. Feito seguindo os esquemas clásicos do Metro-Goldwyn-Mayer, ten a súa inspiración en toda a serie de The Broadway Melody que se realizaron en Hollywood nos 30 e 40, coincidindo coa aparición do cine sonoro.

O filme foi un éxito moderado no momento da súa estrea. Donald O'Connor gañou o Globo de Ouro ó mellor actor en comedia ou musical, e Betty Comden e Adolph Green gañaron o Premio "Writers Guild of America" ó mellor guión, mentres que Jean Hagen foi nomeada ó Oscar á mellor actriz secundaria. Porén, conseguiu un status de filme lendario pola crítica contemporánea, e é frecuentemente considerado como un dos mellor filmes musicais xamais feitos,[3] e o mellor filme xamais feito en "Freed Unit" da Metro-Goldwyn-Mayer. Subiu ó máis alto da lista AFI dos mellores filmes musicais e foi clasificado como o quinto mellor filme estadounidense de tódolos tempos de acordo coa lista lista AFI de 2007. En 1989, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América escolleu o filme para a súa preservación no National Film Registry. En 2005, o British Film Institute incluíuno na súa lista de 50 filmes que deberías ver ós 14 anos. Na lista de 2017 da revista Sight & Sound sobre os 50 mellores filmes de tódolos tempos, Singin' in the Rain atópase no posto vinte.[4]

Argumento[editar | editar a fonte]

Don Lockwood é unha romántica estrela do cine mudo a quen custou moito chegar até a cima. Até chegar a triunfar en Hollywood levou un longo camiño en compañía do seu íntimo amigo Cosmo Brown. Agora forma parella con Lina Lamont, unha bela moza, non tan parva como parece, pero bastante turbia nas súas intencións. Son a parella de moda dos estudios cinematográficos que dirixe R.F. Simpson. Tras unha das estreas, Don coñece a Kathy Selden, unha actriz de teatro aínda descoñecida, que primeiro menospreza a arte do cine e logo sae dunha torta resultando ser unha das bailarinas do coro que vai á festa.

Don e Kathy namóranse. Paralelamente, produciuse un terremoto na industria cinematográfica: o cine sonoro chega arrasando. O público quere máis e hai que reconverter o último filme de Lockwood e Lamont en musical, o que non sería un problema se non resultase que Lina Lamont ten unha voz de rata completamente inservible para o cine.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Gene Kelly como Don Lockwood. A súa interpretación na canción "Singin' in the Rain" é considerada no presente como unha icona.[5]
  • Debbie Reynolds como Kathy Selden. Os directores Gene Kelly e Stanley Donen insistiron que Reynolds sempre foi a súa primeira nas súas mentes para interpretar o papel.[6] Malia que o filme explora a idea de que Kathy ten que dobrar a voz de Lina, na escena onde Kathy está a dobrar o diálogo de Lina ("Our love will last 'til the stars turn cold"), úsase a voz normal de Jean Hagen.[7][8][9]
  • Donald O'Connor como Cosmo Brown, o compañeiro de toda a vida de Don e artista de vaudeville, quen se converte no xefe do departamento musical de Monumental Pictures.
  • Jean Hagen como Lina Lamont. Despois do seu papel en A xungla do asfalto, Hagen foi presentada para o papel polo produtor Arthur Freed. Fixo unha imitación incrible de Judy Holliday na personaxe de Billie Dawn do filme Nacida onte, para a cal Hagen fixera unha profunda investigación de Holliday; que lle fixo gañar o papel.[10]
  • Millard Mitchell como R.F. Simpson. As iniciais do xefe ficticio de Monumental Pictures son unha referencia ó produtor Arthur Freed. R.F. tamén emprega unnha das expresións favoritas de Freed cando di que el "cannot quite visualize it" e que ten que velo no filme primeiro, referíndose á secuencia de "Broadway Melody". Isto trátase dunha broma, xa que a audiencia acaba de ver a secuencia.
  • Cyd Charisse como a muller de pernas longas no vestido verde e cabelo Louise Brooks que baila con Gene Kelly na secuencia "Broadway Melody".
  • Douglas Fowley como Roscoe Dexter, o director dos filmes de Don e Lina.
  • Rita Moreno como Zelda Zanders

Notas[editar | editar a fonte]

  1. AFI (ed.). "Singin' in the Rain (1952)". Consultado o 17 de marzo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Singin' In The Rain (1952)". 
  3. Haley Jr., Jack: That's Entertainment!, Frank Sinatra segments. Metro-Goldwyn-Mayer, 1974
  4. British Film Institute (ed.). "The 50 Greatest Films of All Time | Sight & Sound" (en inglés). Consultado o 11 de agosto de 2017. 
  5. Betty Comden and Adolph Green (2002). The story Behind Singin' in the Rain: Now It Can be Told, reprint of the Singin' In the Rain screenplay introduction, originally published in 1972, included in the liner notes of the Music from the original motion picture soundtrack (deluxe edition) Singin' in the Rain double CD by Rhino Entertainment and Turner Classic Movies.
  6. Osborne, Robert. TCM commentary, "Singing in the Rain."
  7. Hess & Dabholkarm (2009), p.145
  8. Reynolds, Debbie; Columbia, David Patrick (1989). Debbie: My Life. Pocket Books. p. 97. ISBN 978-0671687922. 
  9. Kermode, Mark (18 de marzo de 2007). "The 50 greatest film soundtracks: 11. Singin' In The Rain". The Observer (Londres). Consultado o 4 de agosto de 2015. 
  10. Susman, Gary (29 de marzo de 2012; actualizado o 6 de decembro de 2017) "'Singin' in the Rain' 60th Anniversary: 25 Things You Didn't Know About Hollywood's Greatest Musical" Huffington Post

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]