Saltar ao contido

A xungla do asfalto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A xungla do asfalto
 Título
The Asphalt Jungle Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
Temática
 Baseado en
 Obra derivada
Publicación
 Data de publicación
12 de maio de 1950 (Estados Unidos de América)
15 de xuño de 1950 (Canadá)
1950 Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
 Produtor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Recadación
2.137.000 $
1.077.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
1.232.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
98% Rotten Tomatoes (14 de agosto de 2024)
8.4/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Premios
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (12 de febreiro de 1951)
Academy Award for Best Cinematography, Black-and-White (en) Traducir (12 de febreiro de 1951)
Óscar ó mellor director (12 de febreiro de 1951)
Óscar ó mellor guión adaptado (12 de febreiro de 1951) Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Duración
1 hora e 52 minutos Editar o valor en Wikidata
Identificadores
ISAN0000-0000-1456-0000-O-0000-0000-2 Editar o valor en Wikidata
VIAF231313886 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0042208 Filmaffinity: 920993 Allocine: 491 Rottentomatoes: m/asphalt_jungle Mojo: asphaltjungle Allmovie: v3102 TCM: 26 TV.com: movies/the-asphalt-jungle BNE: XX3818305 Netlix: 70000547 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A xungla do asfalto (en inglés The Asphalt Jungle) é un filme estadounidense de 1950 dirixido por John Huston e protagonizado por Sterling Hayden e Jean Hagen. Está considerado un clásico do cinema negro.

Foi emitido na TVG o 10 de abril de 1991.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Un ladrón de fama lendaria como planificador, Erwin "Doc" Riedenschneider (Sam Jaffe), deixa a prisión baixo liberdade condicional. Para o seu próximo roubo busca a complicidade nun avogado corrupto, Alonzo Emmerich (Louis Calhern), quen comprará en efectivo o total do roubo. O botín pode chegar ao millón de dólares. Doc reúne un grupo de criminais experimentados composto por un corretor de apostas, Cobby (Marc Lawrence) que fará de coordinador; Louis Ciavelli (Anthony Caruso), dinamiteiro de caixas fortes; Gus Minissi (James Whitmore), dono dun pequeno bar que fará de condutor; e Dix Handley (Sterling Hayden), granxeiro arruinado pola Gran Depresión, que actuará de escolta.

O plan consiste en roubar pola noite unha xoiaría. O grupo de delicuentes comeza o roubo planeado meticulosamente, mais finalmente a explosión provoca que varias alarmas de negocios próximos comecen a funcionar, atraendo a presenza da policía antes do esperado. Un garde de seguridade decide revisar todos os locais, e cando entra na xoiaría é golpeado por Dix. O garda, esvaecido, deixa caer a súa arma, que se dispara ferindo a Ciavelli. Os bandidos foxen levando con eles o botín e a Ciavelli.

Doc e Dix chegan co botín onde Emmerich, mais néganse a entregarllo porque xa sospeitaban que o avogado pensaba traizoalos, quedando con todo e fuxindo coa súa amante Angela Phinlay (Marilyn Monroe) a Europa.

Principais premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]
Ano Premio Categoría Candidato(s) Resultado
1950 Festival de Venecia Copa Volpi ao mellor actor Sam Jaffe Gañador
León de Ouro A xungla do asfalto Candidato
National Board of Review Mellor director John Huston Gañador
Directors Guild of America Award Dirección destacada en cinema John Huston Candidato
1951 Edgar Allan Poe Awards Mellor guión cinematográfico Ben Maddow e John Huston Gañador
Óscar Mellor actor secundario Sam Jaffe Candidato
Mellor fotografía (branco e negro) Harold Rosson Candidato
Mellor director John Huston Candidato
Mellor guión adaptado Ben Maddow e John Huston Candidato
British Academy of Film and Television Arts Mellor filme A xungla do asfalto Candidato
Globo de Ouro Mellor fotografía Harold Rosson Candidato
Mellor director John Huston Candidato
Mellor guión Ben Maddow e John Huston Candidato
Writers Guild of America Award Mellor guión de drama Ben Maddow e John Huston Candidato
Premio Robert Meltzer Ben Maddow e John Huston Candidato

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]