Millard Mitchell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Millard Mitchell
Millard Mitchell in Singin in the Rain trailer.jpg
Nacemento 14 de agosto de 1903
  A Habana
Falecemento 13 de outubro de 1953
  Santa Monica
Causa Cancro de pulmón
Soterrado Holy Cross Cemetery
Nacionalidade Cuba e Estados Unidos de América
Ocupación Actor de teatro, actor de cinema e actor de televisión
Premios Golden Globe Award de melhor ator coadjuvante em cinema
editar datos en Wikidata ]

Millard Mitchell, nado na Habana (Cuba) o 14 de agosto de 1903 e finado en Santa Monica (California, Estados Unidos) o 13 de outubro de 1953 foi un actor estadounidense que participou nuns trinta títulos cinematográficos e en dous televisivos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido na Habana, Mitchell apareceu en oito filmes entre 1931 e 1936. Volveu ao cine en 1942 tras unha ausencia de seis anos.

Pola súa actuación no filme de 1952, My Six Convicts, Millard Mitchell gañou o Globo de Ouro ao mellor actor secundario. Mitchell é tamén coñecido por outros dous papeis: o superior de Gregory Peck no drama bélico de 1949 Twelve O'Clock High e o magnate da industria cinematográfica "R.F. Simpson" na comedia musical de 1952 Singin' in the Rain.

Mitchell faleceu aos cincuenta anos a causa dun cancro de pulmón en Santa Monica (California), e foi enterrado no cemiterio Holy Cross, en Culver City, no mesmo estado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]