Nacida onte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nacida onte
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalBorn Yesterday
DirectorGeorge Cukor
ProdutorS. Sylvan Simon
GuiónAlbert Mannheimer
Garson Kanin (sen acreditar)
Baseado enBorn Yesterday, obra de Garson Kanin (1946)
IntérpretesJudy Holliday
Broderick Crawford
William Holden
MúsicaFrederick Hollander
FotografíaJoseph Walker
MontaxeCharles Nelson
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea26 de decembro de 1950
Duración103 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Recadación4,15 millóns de dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0042276 Filmaffinity: 541587 Allocine: 4360 Rottentomatoes: m/1002930-born_yesterday Allmovie: v6739 TCM: 69435 TV.com: movies/born-yesterday Netlix: 325620Editar o valor em Wikidata

Nacida onte (en inglés: Born Yesterday) é unha comedia romántica estadounidense de 1950, dirixida por George Cukor. Está protagonizado por Judy Holliday, William Holden, Broderick Crawford e Howard St. John nos papeis principais. O guión baséase nunha obra teatral de Garson Kanin.

En 2012 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.

Foi emitido na TVG o 31 de agosto de 1996.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

Harry Brock (Broderick Crawford), un rudo millonario, viaxa a Washington, D.C. xunto coa súa amante Emma Billie Dawn (Judy Holliday) e o seu corrupto avogado Jim Devery (Howard St. John). O obxecto da viaxe é influír sobre un par de políticos. O avogado tamén está interesado en que o seu empregador e a súa parella casen para desta maneira impedir que ela poida testemuñar en contra do seu home.

Harry non está conforme coas maneiras e a falta educación de Billie, a pesar de que el mesmo o fai peor, e decide contratar o xornalista Paul Verrall (William Holden) para que se encargue de educala. Billie aprende rapidamente as novas ensinanzas e comeza a mostrar a súa intelixencia. O xornalista fascínase con ela e ambos comezan a namorarse.

Sen decatarse do que está a pasar, o avogado convence a Harry para traspasar os seus fondos a Billie, co fin de eludir unha fiscalización gobernamental. Chegado o momento, Harry require os seus cartos de volta, mais ten que enfrontarse a unha independizada Billie e ambos entran en conflito.

Elenco[editar | editar a fonte]

  • Judy Holliday como Emma Dawn ('Billie')
  • Broderick Crawford como Harry Brock
  • William Holden como Paul Verrall
  • Howard St. John como Jim Devery
  • Frank Otto como Eddie
  • Larry Oliver como o congresista Norval Hedges
  • Barbara Brown como Sra. Hedges
  • Grandon Rhodes como Sanborn
  • Claire Carleton como Helen

Premios[editar | editar a fonte]

O filme foi candidato a cinco premios Oscar na 23.ª edición dos premios, e Judy Holliday gañou na categoría de mellor actriz. As outras candidaturas foron as de mellor filme, director, guión adaptado e vestiario en branco e negro.

Holliday tamén gañou o Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical e foi candidata como actriz dramática. O filme foi candidato ao mellor filme e director. Ademais, o filme participou no Festival Internacional de Cine de Venecia.

Remake[editar | editar a fonte]

A obra de Garson Kanin tamén serviu de base para o filme de 1993 Born Yesterday, dirixido por Luis Mandoki e protagonizado por Melanie Griffith, Don Johnson e John Goodman.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 'The Top Box Office Hits of 1951', Variety, 2-1-1952
  2. La Voz de Galicia, 31 de agosto de 1996. Páx. 71