Des Knaben Wunderhorn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Das Knaben Wunderhorn (O rapaz do corno máxico en tradución literal ó galego) é o titulo dunha colección de poemas folclóricos recollidos por Achim von Arnim e Clemens Brentano a comezos do século XIX.

Imaxe da primeira edición do poemario

Orixe[editar | editar a fonte]

A obra foi publicada en dúas partes no 1805 e no 1808 na cidade de Heidelberg. Esta recollía cancións populares do sur de Alemaña que nalgúns casos foron modificadas e adaptadas por Arnim e Brentano. Naquela época (guerras napoleónicas, desenvolvemento do liberalismo político e do nacionalismo) as tradicións e expresións populares dos pobos tiñan gran acollida nos eidos culturais europeos. Os tres volumes da obra, adicados ó poeta Goethe, acadaron un grande éxito.

Influencias posteriores[editar | editar a fonte]

Esta obra tivo un gran impacto no compositor Gustav Mahler. Outros compositores que musicaron algún dos poemas foron Felix Mendelssohn, Robert Schumann, Carl Loewe, Johannes Brahms e Alexander von Zemlinsky.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Libreto do CD: Des Knaben Wunderhorn. Sarah Conolly, Dietrich Henschel. Orquestre des Champs-Élysées. Harmonia Mundi, s.a.