Saltar ao contido

Shropshire

Modelo:Xeografía políticaShropshire
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°37′00″N 2°43′00″O / 52.616666666667, -2.7166666666667
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsMidlands do Oeste - West Midlands Editar o valor en Wikidata
CapitalShrewsbury Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación506.737 (2020) Editar o valor en Wikidata (145,3 hab./km²)
Xeografía
Superficie3.487,5894 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Código NUTSUKG22 Editar o valor en Wikidata

Páxina webshropshire.gov.uk Editar o valor en Wikidata

Shropshire /ˈʃrɒpˌʃə/ (abreviado Salop ou Shrops) é un dos corenta e sete condados de Inglaterra, Reino Unido, con capital en Shrewsbury.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situado na rexión Midlands do Oeste limita ao norte con Cheshire, ao leste con Staffordshire, ao sur con Worcestershire e Herefordshire, e ao oeste e noroeste con Gales.[1][2]

Ten unha superficie de 3 487 km² e, no ano 2018 unha poboación de 473 900 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 136 hab./km².

Localizada na zona leste do condado áchase unha autoridade unitaria, Telford & Wrekin, onde se sitúa a súa vila máis grande, Telford. O resto do condado era unha autoridade de dous niveis dividida en cinco distritos, pero desde o 1 de abril de 2009 é unha autoridade unitaria tamén.[3]

Shropshire está atravesado polo río Severn, que divide a rexión en dúas partes. A zona norte és un terreo chan e apto para os cultivos, mentraes que a zona sur é un terreo elevado, onde se encontra a Área de Destacada Beleza Natural dos outeiros de Shropshire.

Durante algúns séculos, o condado recibiu o nome oficial de "Salop", derivado do antigo nome da capital, "Salopesbiry". En 1888 estableceuse o consello do condado baixo o nome de "Consello do condado de Salop". Este nome non foi nunca popular e, en 1980, o consello renomeouse como "Consello do condado de Shropshire". Porén, o termo "Salopian", derivado de "Salop", aínda se usa para denominar algo que procede de Shropshire.

O 25 de xullo de 1995, Stephen P. Laurie, astrónomo da vila de Shropshire de Church Stretton, descubriu un asteroide ao que lle deu o nome (7603) Salopia, conmemorando o nome en latín do condado, Salopia.[4]

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía do condado baséase na agricultura e na gandaría. Elabórase un queixo azul que leva o nome do condado, Shropshire, pero foi creado na cidade de Inverness no norte de Escocia. Por iso, o seu nome serve soamente para asocialo cun condado rural.[5]

A Clun Forest Sheep (ovella do bosque de Clun) é unha variedade de ovella do bosque cerca da vila de Clun, no suroeste de Shropshire. Foi introducida en Nova Escocia (Canadá) en 1970, e agora críase en toda América do Norte, e incluso en Hawai.[6]

Ademais da agricultura e gandaría, tamén posúe industrias metalúrxicas. Este condado é a "capital xeolóxica" da Gran Bretaña, xa que todos os tipos de rochas que se encontran e no norte de Europa están presentes en Shropshire. Isto inclúe depósitos de carbón, cobre e chumbo. Ademais, o río Severn, que atravesa o condado, utilizouse como medio de transporte de mercadorías e servizos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Office for National Statistics (2009). "United Kingdom: Counties and Unitary Authorities" (PDF) (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  2. Office for National Statistics. "Counties, Non-metropolitan Districts and Unitary Authorities" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2010. Consultado o 09 de decembro de 2019. 
  4. 7603 Salopia. NASA.
  5. O queixo Shropshire Blue (en inglés).
  6. A ovella Clun Forest (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]