Shrewsbury
Coordenadas: 52°42′29″N 2°45′16″O / 52.70806, -2.75444
Shrewsbury | |
---|---|
Shrewsbury | |
The Square | |
Localización | |
País | ![]() |
Nación constituínte | ![]() |
Rexión | Midlands do Oeste |
Condado | Shropshire |
Xeografía | |
Altitude | 71 msnm |
Demografía | |
Poboación | 71.715 hab. (2011) |
Outros datos | |
Código postal | SY1, SY2, SY3 |
Alcalde | Beverley Baker (Partido Liberal Demócrata) |
www |
Shrewsbury é unha cidade, a capital do condado de Shropshire na rexión de Midlands do Oeste en Inglaterra, situada á beira do río Severn. A súa poboación é de aproximadamente 72.000[1], a segunda cidade do condado tras Telford. Localizada a 14 km ao leste do límite con Gales, Shrewsbury serve como o centro comercial de Shropshire e rexións galesas próximas.
Shrewsbury é unha histórica market town ou localidade que na Idade Media en Inglaterra tiña dereito a celebrar mercado, e a cidade mantén sen alterar a súa estrutura medieval e máis de 660 edificios recoñecidos de especial interese arquitectónico ou histórico[2] incluíndo varios exemplos de casas con marcos de madeira dos séculos XV e XVI, o castelo de Shrewsbury, unha fortificación de arenita e a abadía de Shrewsbury, un antigo mosteiro bieito fundados en 1074 e 1083 respectivamente polo normando Roger de Montgomery.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ National Statistics Arquivado 07 de abril de 2014 en Wayback Machine. - densidade de poboación e área da parroquia de Shrewsbury en 2011
- ↑ "Destination Guide for Shrewsbury". Enjoy England. Consultado o 25 de setembro 2007.
- ↑ VisitShrewsbury.co.uk (ed.). "Shrewsbury Castle". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 30 de xullo 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shrewsbury ![]() |