Saltar ao contido

Sergei Dovlatov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSergei Dovlatov
Nome orixinal(ru) Сергей Донатович Довлатов Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Сергей Донатович Мечик Editar o valor en Wikidata
3 de setembro de 1941 Editar o valor en Wikidata
Ufa, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de agosto de 1990 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMount Hebron Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSchool # 206 (en) Traducir
Graduate School of Journalism and Mass Communication (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Talín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, correspondente, guía de turismo, xornalista, redactor xefe Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeAsya Pekurovskaya Editar o valor en Wikidata
PaiDonat Mechik Editar o valor en Wikidata
ParentesKsana Blank, irmá consanguínea Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Russian literature of the 20th century. Volume 1, 2005 (en) Traducir, (p.632-636) >>>:ДОВЛАТОВ Сергей Донатович,
Writers of St. Petersburg. XX century (en) Traducir >>>:Довлатов Сергей Донатович, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0235582 BNE: XX1147330 Find a Grave: 14669415 Editar o valor en Wikidata
Tumba no cemiterio Mount Hebron de Nova York.

Serguéi Donátovich Dovlátov (Dovlátov-Méchik, en ruso Серге́й Дона́тович Довла́тов Ме́чик), nado en Ufá o 3 de setembro de 1941 e finado en Nova York o 24 de agosto de 1990, foi un escritor, contacontos e novelista ruso moderno.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai era un director de teatro xudeu e a súa nai unha revisora ortográfica armenia. Foron evacuados na Gran Guerra Patria. En 1944 a familia regresou a Leningrado. En 1959 entrou na facultade de filoloxía da Universidade Estatal de San Petersburgo e estudou finés durante dous anos, pero logo expulsárono. Entón fixo amizade con poetas como Evgueni Rein, Anatoli Naiman e Joseph Brodsky.

Despois tivo que facer o servizo militar e durante tres anos serviu na tropa interior facendo gardas en reformatorios da República dos Komis. Alí comezou a escribir contos.

Cando regresou, entrou na facultade de xornalismo da Universidade Estatal de Leningrado e traballou como secretario de Vera Panova.

Entre os anos 1972-1975 traballou en Estonia, como correspondente dos xornais Sovétskaya Estonia e Vecherni Tallinn. Tamén foi guía do Museo de Pushkin en Mijáilovskoye cerca de Pskov. En 1975 regresou a Leningrado. Traballou na revista para xente nova Kostior (A Fogueira). Non puido publicar os seus contos polo seu humor ácido revelador do teatro do absurdo que foi a vida na Unión Soviética. O autor postrealista non cualifica o que describe, pero ridiculiza coa ironía. Os seus contos foron reproducidos só en samizdat e nas revistas de emigrados "Continent", Time and us.

En 1978 a Unión de Periodistas Soviéticos expulsouno e emigrou a Nova York, onde foi redactor xefe do periódico en lingua rusa Новый Американец. Nos Estados Unidos publicou os seus contos e novelas, e os seus 12 libros tiveron éxito. Tamén publicou as súas obras na prestixiosa revista "The New Yorker”.

Morreu de insuficiencia cardíaca. Está enterrado no cemiterio xudeu Mount Hebron en Nova York. Os seus libros chegaron aos lectores en Rusia só nos anos noventa.

  • Невидимая книга ("O libro invisible, 1977).
  • Соло на ундервуде: Записные книжки ("Só de máquina de escribir: caderno de notas", 1980).
  • Компромисс ("Compromiso", 1981).
  • Зона: Записки надзирателя ("A zona", 1982).
  • Заповедник (роман) ("Santuario de natureza"; novela, 1983).
  • Марш одиноких ("A marcha dos aislados", 1983).
  • Наши ("Os nosos", 1983).
  • Демарш энтузиастов ("Demarche de entusiastas", 1985; con V.Bajchanian e N.Sagalovski).
  • Ремесло: Повесть в двух частях ("A arte: novela corte en dúas partes", 1985).
  • Иностранка ("A estranxeira", 1986).
  • Чемодан ("A maleta", 1986).
  • Представление ("O espectáculo", 1987).
  • He только Бродский: Русская культура в портретах в анекдотах ("Non soamente Brodsky: a cultura rusa en retratos e chistes", 1990; con M. Volkova).
  • Записные книжки ("Caderno de notas", 1990).
  • Филиал ("A rama", 1990).

Tamén se fixeron adaptacións cinematográficas dalgunhas das súas obras.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Serguei Dovlatov. Los Nuestros. Altera (agosto 2001). ISBN 8489779155, ISBN 978-8489779150
  • Serguei Dovlatov. La Maleta. Tradución Do Ruso: Justo E. Vasco. Metáfora (1 de xaneiro de 2002). ASIN: B002ZF4PRC
  • SERGUEY, DOVLATOV. El compromiso. Ikusager Ediciones, S.A. 2005. ISBN 978-84-85631-47-6.
  • DOVLATOV, SERGUEY. La extranjera. Ikusager 2008. ISBN 978-84-89213-12-8.
  • DOVLATOV, SERGUEY. La zona. Ikusager Ediciones, S.A. 2009. ISBN 978-84-89213-15-9.
  • "Sergei Donatovich Dovlatov": A Biographical Essay from Gale's "Dictionary of Literary Biography, Vol. 285, Russian Writers Since 1980" (code 5)
  • Biography - Dovlatov, Sergei (1941-1990): An article from: Contemporary Authors. --Sketch by Ken Cuthbertson. Thomson Gale (Decembro 16, 2007)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]