Saltar ao contido

Sentido (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sentido (percepción)»)

Os sentidos son o mecanismo fisiolóxico da percepción. O estudo e clasificación dos sentidos é obxecto de varias ciencias, sobre todo a fisioloxía, as neurociencias, a psicoloxía cognitiva e a filosofía da percepción.

Os sentidos nos seres humanos

[editar | editar a fonte]
Cadro de Jan Steen no que concorren os sentidos.
  • O sentido do gusto ou do sabor (gustación) é un dos dous sentidos químicos do organismo. É ben sabido que existen polo menos catro tipos de sabores distintos [2] e, consecuentemente, de receptores na lingua e polo tanto, como é de esperar, son os anatomistas os que discuten se estes constitúen un, catro ou máis sentidos, dado que cada receptor transporta a información a unha rexión lixeiramente diferente do cerebro. Os catro receptores ben coñecidos son os que detectan o doce, o salgado, o amargo e o ácido, aínda que os receptores para doce e amargo non se identificaron de maneira definitiva. Un quinto receptor para unha sensación chamada umami foi descrito por primeira vez en 1908 e a súa existencia confirmada no ano 2000. O receptor do umami detecta o aminoácido ácido glutámico, un sabor encontrado comunmente na carne e en condimentos artificiais, tales como o glutamato monosódico.
  • O sentido do oído ou da audición é o sentido da percepción de vibracións do aire que oscilen entre os 20 e os 20.000 Hz. O son pódese detectar tamén como vibracións conducidas a través do corpo polo tacto. As frecuencias que están fóra do campo citado, máis baixas (infrasons) e máis altas (ultrasóns), só se detectan desta maneira.
  • O sentido do olfacto ou do olor (olfación) é o outro sentido químico. É diferente do gusto, porque hai centenares de receptores olfactivos, cada un adaptado para unirse a unha molécula de características particulares, segundo a teoría actual. No cerebro, o olfacto procésase polo sistema olfactivo. As neuronas olfactivas do receptor no nariz diferéncianse da maioría das outras neuronas en que morren e se rexeneran regularmente.
Cómpre sinalar que nos organismos acuáticos non hai diferenzas importantes entre o olor e o gusto.
Richard Axel e Linda B. Buck obtiveron o premio Nobel de 2004 en fisioloxía e medicina polo seu traballo sobre o olfacto, publicado primeiro nun artigo en 1991 no que se describía a gran familia de cerca de mil xenes que codifican os receptores do olor e como os receptores se relacionan co cerebro.

Os sentidos restantes pódense considerar tipos de tacto ou sensación física do corpo (somatosensación).

  • A termocepción é tanto a percepción da calor como da súa ausencia (frío). Foi o primeiro dos grupos de sentidos non identificados explicitamente por Aristóteles. Existe tamén un certo desacordo sobre cantos sentidos representa este debido a que os termorreceptores da pel son absolutamente diferentes dos termorreceptores homeostáticos que proporcionan a regulación da temperatura interna do corpo.
  • A nocicepción (ou nocicepción, ou nocipercepción) é a percepción da dor. Os tres tipos de receptores da dor son cutáneos (pel), somáticos (articulacións e ósos) e viscerais (órganos do corpo).
  • A propiocepción é a percepción do coñecemento do corpo ou da situación das diferentes partes do noso corpo (se estamos deitados, de pé, sentados, boca a abaixo etc.).

O termo sentido foi utilizado polo lóxico Gottlob Frege para denominar o modo de presentación dun obxecto asociado a un nome propio da linguaxe natural, así como tamén o pensamento expresado por unha oración afirmativa.

Sentidos non humanos

[editar | editar a fonte]
  1. Os conos e os bastóns.
  2. Salgado, doce, ácido e amargo.
  3. Que non se considera cando falamos dos cinco sentidos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]