Saltar ao contido

Selección de fútbol de Galicia de afeccionados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galicia de afeccionados
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Asociación Federación Galega de Fútbol
Confederación {{{Confederación}}}
Código FIFA
Alcume A Irmandiña
Clasificación FIFA {{{Ranking}}}
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Galicia Iván Cancela
Máis encontros
Máximo goleador
Estrea internacional
Asturias Asturias 5 - 1 Galicia Galicia
Xixón, España; 18 de novembro de 1965
Maior vitoria
Maior derrota

A selección de fútbol de Galicia de afeccionados é o equipo representativo de Galicia nas competicións de fútbol amador. Participou en dúas edicións da Copa das Rexións da UEFA e gañou a edición de 2023.

A selección galega de afeccionados naceu en 1965, xunto a outras seleccións rexionais de afeccionados de España, co propósito de promover o fútbol non profesional e con vistas á participación na nova Copa da UEFA Amateur, que celebraría a súa primeira edición en 1967.[1] A primeira convocatoria constou de 20 futbolistas, entre eles Ramón Búa, Luis García Mosquera, Quique Costas, Machicha ou Lito.[2]

Realizou a súa estrea o 18 de setembro de 1965 contra Asturias no Molinón, caendo por 5-1.[3] Con todo, o gran pulo do equipo chegou trala creación por parte da UEFA da Copa das Rexións en 1999. Dende entón a selección amateur galega participa cada dous anos na fase nacional do torneo, cuxo campión disputa a fase final contra outras rexións europeas. En 2010, con Carlos Ballesta como seleccionador, Galicia proclamouse campioa do torneo nacional, despois de vencer a Andalucía na final de Portonovo, accedendo así á Copa das Rexións propiamente dita, celebrada en Malta en 2011.[4][5] Encadrada no grupo 1, xunto con Württemberg, Ftiótide e a selección anfitrioa, gañou por 3-1 ao equipo grego, empatou cos alemáns e goleou por 6-0 a Malta. A pesar de ter os mesmos puntos que o Württemberg, non conseguiu o pase á seguinte rolda, pois só o facía o primeiro de cada grupo e a diferenza de goles favoreceu ao equipo alemán, despois de que lle marcase 14 goles á selección de Ftiótide no último partido.[6]

En marzo de 2020 a selección galega gañou o seu segundo campionato nacional, derrotando na final a Andalucía, e conseguiu así o seu segundo pase á fase europea do torneo.[7] Esta foi adiada por mor da pandemia de COVID-19 e deu inicio en 2022. O equipo de Iván Cancela derrotou no primeiro encontro na Lomba a Liubliana (3-0) e no segundo a Xenebra.[8][9][10] No terceiro e decisivo encontro, contra Pest, adiantouse no marcador cun gol de Adri Otero, e aínda que os húngaros empataron nos instantes finais do tempo de desconto, Galicia logrou o primeiro posto do Grupo 7 e a clasificación para a fase final de 2023.[11]

Galicia erguendo a copa de campioa da Copa das Rexións da UEFA en 2023.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Última convocatoria

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 4 de xuño de 2023.

Pos Xogador Data de nacemento (idade) Club
POR Moncho Rodríguez 24 de agosto de 1998 (26 anos) UD Ourense
POR Minibugy 20 de maio de 2000 (24 anos) Paiosaco
DEF Jesús Varela 15 de abril de 1986 (38 anos) Alondras
DEF Martín Sánchez 13 de maio de 1995 (29 anos) Arousa
DEF Antonio 30 de novembro de 1988 (35 anos) Atlético Arteixo
DEF Pablo Caraban 13 de agosto de 1992 (32 anos) Estradense
DEF Cotilla 19 de marzo de 1992 (32 anos) Arousa
DEF Iago Martínez 5 de febreiro de 1997 (27 anos) Rápido de Bouzas
MED Kopa 8 de outubro de 1995 (29 anos) Choco
MED Ube 10 de agosto de 1998 (26 anos) Choco
MED Fabio 30 de xullo de 2000 (24 anos) Atlético Arteixo
MED Juanín 6 de abril de 1997 (27 anos) Estradense
MED Óscar Lorenzo 28 de marzo de 2000 (24 anos) Somozas
MED Lucas 14 de xuño de 2003 (21 anos) Sigüeiro
MED Félix Rial 25 de maio de 1990 (34 anos) Choco
MED Iñaki Martínez 25 de setembro de 1999 (25 anos) Arousa
DIA Álex Rey 30 de setembro de 1992 (32 anos) Rápido de Bouzas
DIA Joni 2 de setembro de 1993 (31 anos) UD Ourense
DIA Adri Otero 29 de marzo de 1995 (29 anos) Atlético Arteixo

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. "Selección Gallega de Aficionados". El Pueblo Gallego (en castelán). 11 de novembro de 1965. p. 14. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  2. "Vidal, portero del Lemos". El Progreso (en castelán) (18125). 13 de novembro de 1965. p. 6. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  3. "Asturias, 5 Galicia 1". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de novembro de 1965. p. 4. 
  4. "A selección galega gaña a Copa das Rexións da UEFA". Nós Diario. 11 de marzo de 2020. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  5. "Presentada a selección galega de fútbol afeccionado que participará na VII Copa das Rexións UEFA". Xunta de Galicia. 29 de novembro de 2010. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  6. "Württemberg - Fthiotida 2016". UEFA (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  7. "A Selección Galega conquista a XII Copa das Rexións UEFA tras gañar a Andalucía". Real Federación Galega de Fútbol. 11 de marzo de 2020. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  8. "Galicia - Liubliana". UEFA (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  9. "Galicia - Xenebra". UEFA (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  10. "Galicia gáñalle a Suiza e xogarase o pase aos cuartos o vindeiro mércores". 9 de outubro de 2022. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  11. "Galicia certifica na Lomba o seu pase á Fase Final da Copa de Rexións UEFA". Pontevedra Viva. 13 de outubro de 2022. Consultado o 17 de outubro de 2022. 
  12. "A Selección Galega proclámase campioa da Copa das Rexións UEFA". Real Federación Galega de Fútbol. 18 de xuño de 2023. 
  13. "Éxtasis histórico como campeona de España". DEPOR Sport nº 1.881 (en castelán). 5 de abril de 2010. p. 18. Archived from the original on 05 de marzo de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2015. 
  14. A Selección Galega conquista a XII Copa das Rexións UEFA tras gañar a Andalucía Real Federación Galega de Fútbol

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]