Ramón Rodríguez Vázquez
Ramón | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ramón Rodríguez Vázquez | ||
Nacemento | 24 de agosto de 1998 (23 anos) | ||
Lugar de nacemento | Monforte de Lemos | ||
Altura | 1,87 m | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Club Lemos | ||
Número | 13 | ||
Carreira xuvenil | |||
2006-2014 | CP Calasancio | ||
2014-2017 | Deportivo da Coruña | ||
2017 | → Santiago (cedido) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2015–2017 | Deportivo Fabril | 3 | (0) |
2017–2018 | → UD Somozas (cedido) | 3 | (0) |
2018 | → At. Arteixo (cedido) | 10 | (0) |
2018–2019 | At. Coruña Montañeros | 22 | (0) |
2019–2020 | Club Lemos | 17 | (0) |
2020–2021 | SD Fisterra | 6 | (0) |
2021- | UD Ourense | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 30 de xullo de 2021 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ramón Rodríguez Vázquez, nado en Monforte de Lemos o 24 de agosto de 1998, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de porteiro e o seu equipo actual é a UD Ourense.
Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Xogou varios partidos co Fabril e mesmo foi convocado para un partido de liga co primeiro equipo.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Natural de Neiras, no concello de Sober, entrou con oito anos no CP Calasancio de Monforte, onde xogou ata 2014 nas súas categorías inferiores.
En abril de 2014 disputa a Oviedo Cup, un torneo de fútbol cadete, co Deportivo da Coruña.[3] Na tempada 2014/15 ficha polo equipo da Coruña e xoga no Xuvenil B,[4] no que comparte titularidade con Javier Tasende.
Na tempada 2015/16 pasa a xogar no Xuvenil A do equipo coruñés. O 31 de xaneiro de 2016 debuta co Fabril en Terceira división, no partido contra o Alondras CF disputado en Cangas.[5] Nesa tempada, tamén foi convocado por Víctor Sánchez del Amo para o partido do primeiro equipo contra o Sevilla FC no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, xogado o 17 de abril de 2016.[1][2]
Na tempada 2016/17 xoga novamente no Xuvenil A, aínda que tamén disputa dous partidos co Fabril. Os últimos oito partidos da tempada xoga cedido no xuvenil do Santiago de Compostela CF.[6]
En xuño de 2017 chega ao UD Somozas da Terceira división, equipo no que xoga cedido polo Deportivo ata xaneiro.[6] De xaneiro a xuño de 2018 xoga cedido no Atlético Arteixo, de Preferente. Na tempada 2018/19 ficha polo Atlético Coruña Montañeros, tamén na Preferente, no que destaca por manter a portería a cero varias xornadas consecutivas.[7]
Na tempada 2019/2020 ficha polo Club Lemos, equipo que volve nesta tempada a Preferente.[2]
En xuño de 2020 ficha pola SD Fisterra,[8] acabado de ascender a Terceira División. Despois de xogar 6 dos primeiros 11 partidos e non ter continuidade como titular, en xaneiro de 2021 ficha pola SD Dubra, equipo de Preferente.[9]
En xullo de 2021 ficha pola UD Ourense, equipo descendido a tempada anterior a Preferente.[10]
Selección galega[editar | editar a fonte]
Ramón foi convocado coa selección galega en xuvenís de segundo ano e en alevíns de segundo ano.
Equipos[editar | editar a fonte]
Ano | Club | División | PX[11] | GE[11] | TA | TV |
---|---|---|---|---|---|---|
2014-2015 | ![]() |
Liga Nacional | 16 | 17 | 1 | 0 |
2015-2016 | ![]() |
División de honra | 11 | 17 | 1 | 0 |
![]() |
3ª División | 1 | 3 | 1 | 0 | |
2016-2017 | ![]() |
División de honra | 3 | 6 | 0 | 0 |
![]() |
3ª División | 2 | 2 | 0 | 0 | |
![]() |
División de honra | 8 | 14 | ? | ? | |
2017-2018 | ![]() |
3ª División | 3 | 7 | 0 | 0 |
![]() |
Preferente | 10 | 18 | 0 | 0 | |
2018-2019 | ![]() |
Preferente | 22 | 26 | 0 | 0 |
2019-2020 | ![]() |
Preferente | 17 | 32 | 2 | 1 |
2020-2021 | ![]() |
3ª División | 6 | 12 | 0 | 0 |
![]() |
Preferente | 12 | 18 | 0 | 0 | |
2021-2022 | ![]() |
Preferente | 0 | 0 | 0 | 0 |
PX: Partidos xogados. GE: Goles encaixados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "El meta juvenil Ramón, novedad entre los 19 convocados". RC Deportivo. 16 de abril de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Nuevo portero para el Club Lemos". La Voz de Galicia. 9 de xuño de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Ramón, con el Deportivo". La Voz de Galicia. 2 de abril de 2014. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "El portero soberino, Ramón Rodríguez, renovó con el Deportivo". La Voz de Galicia. 10 de xuño de 2015. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "El Fabril cae en Cangas tras ir a remolque todo el encuentro". La Voz de Galicia. 1 de febreiro de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 "Ramón Rodríguez ficha por el Somozas". La Voz de Galicia. 29 de xuño de 2017. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Los guardianes morados". DXT. 3 de maio de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "El Fisterra ficha a un portero y el Soneira renueva al entrenador". La Voz de Galicia. 18 de xuño de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2020.
- ↑ "Ramón Rodríguez abandona el Fisterra y se incorpora al Dubra". La Voz de Galicia. 8 de xaneiro de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ "La UD Ourense trabaja en sus altas". La Voz de Galicia. 30 de xullo de 2021. Consultado o 30 de xullo de 2021.
- ↑ 11,0 11,1 "Ramón Rodríguez Vázquez". lapreferente.com.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1998
- Nados en Monforte de Lemos
- Futbolistas da provincia de Lugo
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores da UD Somozas
- Xogadores do Atlético Arteixo
- Xogadores do Montañeros CF
- Xogadores do Club Lemos
- Xogadores da SD Fisterra
- Xogadores da SD Dubra
- Xogadores da UD Ourense