Sauli Niinistö

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sauli Niinistö
Sauli Niinistö Senate of Poland 2015.JPG
Nome completoSauli Väinämö Niinistö
Nacemento24 de agosto de 1948
 Salo
NacionalidadeFinlandia
Relixiónluteranismo
Alma máterUniversidade de Turku
Ocupaciónpolítico, avogado e xuíz
CónxuxeJenni Haukio e Marja-Leena Alanko
FillosAaro Niinistö
IrmánsKari Niinistö
PremiosOrdem do Serafim, Grand Cross with Collar of the Order of the Falcon, Order of the Three Stars, 1st Class, Colar da Ordem da Águia Asteca, Grand Cross with Collar of the Order of the White Rose of Finland, Commander Grand Cross of the Order of the Lion of Finland, Knight Grand Cross of the Order of St. Olav‎, Grand Cross of Royal Norwegian Order of Merit, Collar of the Order of the Cross of Terra Mariana, Orde do Elefante, Orde da Aguia Branca, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Grand Cross of the Order of Orange-Nassau, Grand Cross of the Order of Honour, Grande Estrela da Condecoración por Servizos á República de Austria, gran cruz e colar da orde de Vytautas O Grande, Ordem da Cruz da Liberdade, Order of the Gold Lion of the House of Nassau, doutor honoris causa, doutor honoris causa, doutor honoris causa, doutor honoris causa, Doctor honoris causa of the University of Helsinki, doutor honoris causa, Doctor honoris causa of the University of Helsinki, doutor honoris causa e Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña
Signature Sauli Niinistö.png
editar datos en Wikidata ]

Sauli Väinämö Niinistö, nado en Salo o 24 de agosto de 1948, é un político finlandés, 12º e actual presidente de Finlandia dende 2012.

Avogado de profesión, Niinistö foi presidente do Partido Coalición Nacional (KOK) de 1994 a 2001, ministro de Xustiza de 1995 a 1996, ministro de Facenda de 1996 a 2003, viceprimeiro ministro de 1995 a 2001 e candidato do KOK nas eleccións presidenciais de 2006. Exerceu como presidente do parlamento de Finlandia entre 2007 e 2011 e é presidente honorífico do Partido Popular Europeo desde 2002.

Niinistö foi o candidato do KOK nas eleccións presidenciais de 2012, ao derrotar a Pekka Haavisto da Liga Verde co 62,6% dos votos na decisiva segunda volta. Niinistö asumiu o cargo o 1 de marzo de 2012, e é o primeiro presidente conservador dende Juho Kusti Paasikivi, que deixou o cargo en 1956. En maio de 2017, Niinistö anunciou que buscaría a reelección nas eleccións presidenciais de 2018, como candidato independente. O KOK e os Demócrata Cristiáns apoiaron a súa candidatura. Conseguiu a reelección na primeira rolda o 28 de xaneiro de 2018 ao obter o 62,7% dos votos e o seu segundo mandato comezou o 1 de febreiro de 2018.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Niinistö naceu en Salo en 1948. Seus pais foron o director de circulación do xornal Salon Seudun Sanomat, Väinö Niinistö (1911–1991) e a enfermeira Hilkka Niinistö, apelido de solteira Heimo (1916-2014).[1] Dirixiu alí o seu propio bufete de avogados antes de entrar na política nacional.

Niinistö foi concelleiro municipal de Salo de 1977 a 1992 e foi elixido membro do Parlamento de Finlandia polo distrito de Varsinais-Suomi en 1987. En 1994 foi elixido para dirixir o KOK como presidente do partido e posteriormente converteuse en ministro de Xustiza no primeiro gabinete do primeiro ministro Paavo Lipponen.[2]

En 1996 cambiou de maletín pasando a ser ministro de Economía, cargo no que continuou tamén no segundo goberno de Lipponen desde 1999 ata 2003.[3] Ademais en ambas as administracións, Niinistö foi vice-primeiro ministro. Como ministro de Economía, foi coñecido pola súa estrita política fiscal.[4] Foi o primeiro finlandés que comprou con euros o 1 de xaneiro de 2002. O seu partido instouno a presentarse como candidato nas eleccións presidenciais de 2000, pero negouse. Anunciou a súa retirada gradual da política en 2001, e foi sucedido por Ville Itälä como líder do partido. Despois de rematar o seu mandato como ministro en 2003, Niinistö converteuse en vicepresidente do consello de administración do Banco Europeo de Investimento.

En marzo de 2005, Niinistö anunciou a súa candidatura para as eleccións presidenciais de 2006. Representou ao NCP, e tivo como principal rival á presidenta Tarja Halonen. Pasou á segunda rolda (como o segundo candidato máis votado na primeira rolda), celebrada o 29 de xaneiro de 2006, pero perdeu ante Halonen.

En 2006 Niinistö anunciou que se presentaría de novo ás eleccións parlamentarias de 2007. Dixo, con todo, que non tiña plans para asumir un alto cargo político como o de primeiro ministro nun futuro.[5] Recibiu 60.563 votos nas eleccións de 2007, un récord nas eleccións parlamentarias finlandesas, un 21% máis que o récord de 1948 de Hertta Kuusinen.[6] Despois das eleccións de 2007, Niinistö decidiu aceptar o cargo de presidente do parlamento. Negociou a fusión da Unión Demócrata Europea (EDU) co Partido Popular Europeo en 2002 e converteuse no seu presidente honorífico.

Foi elixido presidente da Asociación de Fútbol de Finlandia o 8 de novembro de 2009,[7] substituíndo a Pekka Hämäläinen.

Presidencia[editar | editar a fonte]

Niinistö foi o candidato do NCP por segunda vez nas eleccións presidenciais de 2012. Co 37% dos votos, gañou a primeira rolda das eleccións e enfrontouse contra Pekka Haavisto da Liga Verde na segunda rolda.[8] Gañou a segunda volta con preto do 62,6% dos votos fronte ao 37,4% de Haavisto. A marxe de vitoria de Niinistö foi maior de calquera presidente anterior elixido directamente. Gañou en 14 dos 15 distritos electorais.[9]

Despois de converterse en presidente, Niinistö comprometeuse a establecer un grupo de traballo especial co obxectivo de evitar a alienación entre a mocidade do país e manifestou a súa preocupación polos problemas das zonas rurais pouco poboadas. Subliñou a importancia do entendemento mutuo co goberno e o parlamento. No seu discurso de aceptación agradeceu aos que o apoiaron na campaña e aos que non estaban de acordo con el.[10]

En maio de 2017, Niinistö anunciou que buscaría a reelección nas eleccións presidenciais de 2018, como candidato independente.[11] A súa candidatura foi pronto apoiada polo Partido Coalición Nacional e polos Demócratas.[12][13] O día das eleccións, Niinistö recibiu o 62,7% dos votos, converténdose no primeiro presidente en Finlandia en ser elixido na primeira rolda.[14][15]

Política exterior[editar | editar a fonte]

Niinistö co exsecretario de defensa estadounidense James Mattis en novembro de 2017 en Helsinqui
Niinistö co presidente ruso, Vladimir Putin, no Festival de Ópera de Savonlinna en xullo de 2017
Niinistö reuniuse co presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, en agosto de 2017

Como presidente, Niinistö visitou Rusia e reuniuse co presidente ruso, Vladimir Putin, en febreiro de 2013 para promover o comercio bilateral.

Ao mesmo tempo que se lle impoñían sancións a Rusia, causadas principalmente polo Euromaidán e a resposta rusa en Crimea e o leste de Ucraína,[16] Niinistö dixo que o foco se debía poñer en aliviar as tensións e aumentar o entendemento entre Europa e Rusia. Afirmou que Finlandia debería servir de intermediario entre Rusia e Europa. Tamén afirmou que "Rusia entende que o conflito en Ucraína xerou debate en Finlandia sobre a propia política de seguridade deste país. É importante que o presidente Putin comprenda a posición de Finlandia sobre a adhesión á OTAN neste debate. Finlandia acepta que Rusia está traballando para atopar unha solución ao conflito agudo en Ucraína, pero ten que facer máis".

No seu discurso de aninovo de 2015, Niinistö afirmou: "Condenamos a anexión ilegal rusa de Crimea en canto sucedeu e condenamos as accións de Rusia no leste de Ucraína. Isto fixémolo no contexto da UE pero tamén o deixamos claro nos nosos contactos directos con Rusia. Condenamos calquera ocupación ilegal, uso ilegal da forza ou intentos de limitar a soberanía de nacións independentes. Tales accións nunca conseguen nada máis que perigo e aumento da tensión. Aínda que no pasado o poder podía crecer no canón dunha pistola, na actualidade isto só nos leva ao caos".[17]

Niinistö reuniuse co xefe de Estado de Irán Ali Khamenei o 26 de outubro de 2016 en Teherán.[18]

En abril de 2017, Niinistö apoiou a política dunha soa China. Segundo China, isto significa que Finlandia non pode ter relacións con Taiwán.[19] O 16 de xullo de 2018, Niinistö acolleu oficialmente ao presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, e ao presidente ruso, Putin, para o cumio EEUU-Rusia en Helsinqui. Participou na 73ª Asemblea Xeral das Nacións Unidas en Nova York o 25 de setembro de 2018, onde falou sobre Rusia e a súa relación cos países bálticos.

Como presidente de Finlandia, Niinistö ostenta o poder do perdón por sentenzas penais individuais e sancións relacionadas. Respecto diso, foi excepcionalmente "sen piedade": en 2019 non perdoou a ninguén,[20] e perdoou de media só tres persoas ao ano. En comparación, a súa predecesora Tarja Halonen alcanzou unha media de 20 indultos ao ano de media. [21] Niinistö explicou que está de acordo coa política do Tribunal Supremo de Finlandia, que sempre tramitou o caso antes de que o presidente o vexa. Niinistö apoiou a abolición do perdón presidencial nas súas campañas presidenciais, chamando á institución unha antiga "tradición real".[22]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Niinistö e a súa esposa Jenni Haukio

Niinistö casou coa súa primeira muller, Marja-Leena (apelido de solteira Alanko), en 1974 e tiveron dous fillos. Marja-Leena morreu nun accidente de coche en xaneiro de 1995. Niinistö escribiu un libro sobre a etapa posterior á morte desta no seu libro Viiden vuoden yksinäisyys ("Cinco anos de soidade").

Tras a morte da súa primeira muller, e sendo ministro, mantivo unha relación coa deputada Tanja Karpela, antiga raíña de beleza e máis tarde ministra de Cultura. Karpela formaba parte do Partido do Centro, de oposición, mentres que Niinistö estaba considerado o segundo home máis influente do goberno. En 2003, Karpela e Niinistö anunciaron o seu noivado, que rematou en 2004.[23]

En 2005 coñeceu a Jenni Haukio, que naquel tempo traballaba para o Partido Coalición Nacional e que entrevistou a Niinistö para a revista Nykypäivä.[24] Máis tarde iniciaron unha relación que mantiveron en segredo ata a súa voda o 3 de xaneiro de 2009.[25] En outubro de 2017, a parella anunciou que esperaba un fillo.[26][27][28]

É tío de Ville Niinistö, deputado da Liga Verde por Turku, ex líder da Liga Verde e ex ministro de Medio Ambiente.[29] Niinistö sobreviviu ao terremoto do Océano Índico de 2004. Salvouse do posterior tsunami gabeando por un poste telefónico co seu fillo en Khao Lak, Tailandia.[30]

Opinións[editar | editar a fonte]

Opúxose ao dereito do presidente a indultar aos presos e só perdoou a un preso durante o seu primeiro ano como presidente.[31] Opúxose ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo, aínda que opinou que as parellas do mesmo sexo deberían ter dereito á adopción e a un apelido común.[32] Apoiou a eutanasia en determinadas circunstancias.[33]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Nacionais[editar | editar a fonte]

Internacionais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sauli Niinistö" (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  2. "Sauli Niinistö" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  3. "Ministerit nimikkeittäin" (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  4. "President slams government’s "politics of illusion"" (en inglés). 15 de novembro de 2014. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  5. "Niinistö Will Not Seek Other High-Ranking Posts" (en finés). 30 de xaneiro de 2006. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  6. ""People of a special mould"?" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  7. "Sauli Niinistöstä Palloliiton puheenjohtaja" (en finés). 8 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  8. "Presidential elections: Niinistö, Haavisto headed for second round" (en inglés). 22 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  9. "Sauli Niinistö is Finland's 12th president" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  10. "Niinistö pledges to fight youth alienation" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  11. "Sauli Niinistö hakee jatkokautta presidenttinä – mittauttaa suosionsa yhdistyksen avulla" (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  12. "Petteri Orpo twiittasi heti Niinistön jatkokausi-ilmoituksen jälkeen: "Kokoomus on täysillä mukana"" (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  13. "Kristillisdemokraatit tukee presidentinvaaleissa Sauli Niinistöä" (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  14. "Sauli Niinistön voitto on todella historiallinen – "Pitää olla aikamoinen superhessu"" (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  15. "Sauli Niinisto arrasa nas presidenciais de Finlandia". La Opinión A Coruña. 28 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  16. "U.S., EU to work together on tougher Russia sanctions" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  17. "President of the Republic Sauli Niinistö’s New Year’s Speech on 1 January 2015" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  18. "Saudi killing of Yemeni people worst type of terrorism: Ayatollah Khamenei" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  19. "Jättiläispandojen tulo Suomeen varmistui – "Pidämme Kiinan kansallisen aarteen kunniassa"" (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  20. "HS: Presidentti Niinistö ei poikkeuksellisesti armahtanut yhtäkään rikoksesta tuomittua". mtvuutiset.fi (en finés). 23 de decembro de 2019. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  21. https://www.iltalehti.fi/politiikka/a/201808272201163852
  22. "STT: Sauli Niinistö luopuisi presidentin armahdusoikeudesta". www.iltalehti.fi (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  23. "Sauli Niinistö vihittiin Porissa" (en finés). 3 de xaneiro de 2009. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  24. "Sauli Niinistön ja Jenni Haukion rakkaustarina: Suhde pysyi vuosia salassa" (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  25. "Niinistö yllätti kokoomuslaiset ”housut kintuissa”" (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  26. "Jenni Haukio ja Sauli Niinistö saivat pojan" (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  27. "Some sekosi Sauli Niinistön ja Jenni Haukion lapsiuutisesta: "Tätä olemme hiljaa odottaneet" (en finés). 9 de outubro de 2017. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  28. "Baby Announcement for President and First Lady" (en inglés). 9 de outubro de 2017. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  29. "Äiti ja isä vihreä" (en finés). 20 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 1 de xuño de 2009. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  30. "Niinistö, el popular, conservador y europeísta presidente finlandés". La Vanguardia (en castelán). 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  31. "Yle: Niinistö armahti vain yhden tuomitun" (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  32. "Niinistö Sauli Kansallinen Kokoomus" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2011. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  33. "Yle: Presidentti Niinistö kannattaa eutanasiaa" (en finés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  34. Foto do presidente de Austria Heinz Fischer e o presidente de Finlandia Sauli Niinisto na súa chegada ao Baile da Ópera de Viena en 2016.
  35. "Modtagere af danske dekorationer" (en dinamarqués). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  36. Foto das parellas presidenciais e real na visita de Estado de Finlandia a Suecia en 2012.
  37. "Ilustres invitados asisten a la cena ofrecida por el rey Carlos Gustavo de Suecia en su 70 cumpleaños" (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2020.