Salo é unha cidade situada no suroeste de Finlandia, na rexión de Finlandia Propia. Segundo o censo de 2012 a cidade ten unha poboación de 54.873 habitantes.
Salo existe como centro de comercio rural dende alo menos o século XVI, emerxendo na localización onde a Gran Ruta Costeira,[1] a importante ruta Leste-Oeste. En 1887 Salo converteuse oficialmente nunha cidade comercial, e a principios de 1891, nun municipio independente..[2] A área do concello era inicialmente moi pequena, tan só 0.65km². En 1932 medrou ata os 18km² cando as áreas dos concellos veciños de Uskela e Halikko foron anexionadas a Salo. En 1960 Salo converteuse en cidade. O concello de Uskela uniuse a Salo en 1967, mentres que os de Halikko, Kiikala, Kisko, Kuusjoki, Muurla, Perniö, Pertteli, Suomusjärvi e Särkisalo o fixeron a principios de 2009.