Vihreä liitto
| Vihreä liitto | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
|
Número de escanos lexislatura
433 municipal council in Finland (en)
90 county council (en) 13 Parlamento de Finlandia 2 Parlamento Europeo (9 de abril de 2025) | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
A Liga Verde (en finés Vihreä liitto e en sueco Gröna Förbundet) é un partido ecoloxista finés fundado o 28 de febreiro de 1987 e pertencente ao Partido Verde Europeo. A súa líder é Sofia Virta.
Historia
[editar | editar a fonte]
Aínda que se presentou por primeira vez ás eleccións en 1983, como tal non se constituíu ata 1987 como movemento popular que reunía a sectores tamén procedentes do feminismo e do movemento antinuclear. Nas 1987 obtivo 4 representantes, que nos seguintes comicios aumentarían ata os 10. Nas eleccións europeas de 2004 obtiveron 2 eurodeputados e nas lexislativas de 2007 chegaron ata os 15 deputados (a mellor marca na historia da formación).
Tralas eleccións ao parlamento finés de 2011, a Liga Verde situouse como a 6ª forza política de Finlandia con 10 deputados e o 7,3% dos votos (212.837), aínda que os seus resultados foron peores que nos comicios anteriores, nos que conseguiran 15 escanos e o 8,46% dos votos (234.429).
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]
Eleccións parlamentarias
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Finlandia.
Dende que a Liga Verde conseguiu os seus primeiros dous deputados no Parlamento de Finlandia (os dous independentes) en 1983, a formación ecoloxista conseguiu mellorar sempre os seus resultados agás en 1995 e 2011, sendo nesta última cita electoral onde se produciu o maior retroceso da formación, perdendo 5 escanos e ao redor de 20.000 votos.
| Ano | Deputados | Votos | % de votos |
|---|---|---|---|
| 1983 | 2 | 43 754 | 1,47% |
| 1987 | 4 | 115 988 | 4,03% |
| 1991 | 10 | 185 894 | 6,82% |
| 1995 | 9 | 181 198 | 6,52% |
| 1999 | 11 | 194 846 | 7,27% |
| 2003 | 14 | 223 846 | 8,01% |
| 2007 | 15 | 233 930 | 8,5% |
| 2011 | 10 | 213 172 | 7,25% |
Eleccións municipais
[editar | editar a fonte]
0 % 0–2 % 2–4 % 4–6 % 6–8 % 8–10 % 10–12 % 12–14 % >14– %
| Ano | Concelleiros | Votos | % de votos |
|---|---|---|---|
| 1984 | 101 | 76 441 | 2,8% |
| 1988 | 94 | 61 581 | 2,34% |
| 1992 | 343 | 184 787 | 6,9% |
| 1996 | 292 | 149 334 | 6,3% |
| 2000 | 338 | 171 707 | 7,7% |
| 2004 | 314 | 175 933 | 7,4% |
| 2008 | 370 | 228 227 | 8,9% |
Eleccións presidenciais
[editar | editar a fonte]Heidi Hautala foi candidata nas eleccións presidenciais de 2000 e 2006, conseguindo nas dúas ocasións aproximadamente un 3,5% dos votos. Pekka Haavisto foi o candidato nas eleccións de 2012, conseguindo pasar á segunda volta, mais perdeu contra o candidato do Partido de Coalición Nacional Sauli Niinistö.
Eleccións ao Parlamento Europeo
[editar | editar a fonte]Finlandia entrou na Unión Europea en 1995 xunto a Austria e Suecia, durante a Cuarta Lexislatura do Parlamento Europeo (1994-1999), asignándolle 16 eurodeputados en 1996 e 1999, 14 en 2004, e 13 en 2009. Dende as primeiras eleccións en 1996, a Liga Verde ten logrado sempre 1 o 2 escanos en tódolos comicios celebrados. Destacan as figuras de Heidi Hautala, que foi eurodeputada en 3 lexislaturas, e que o foi tamén de 2009 a 2011, ata ser nomeada ministra de desenvolvemento. Tarja Cronberg ocupa o posto de Hautala dende aquela. Ademais a exministra Satu Hassi, é actualmente eurodeputada.
Este partido forma parte do Partido Verde Europeo dende a súa fundación en 2004 (o partido ecoloxista de ámbito europeo), que se encontra integrado á súa vez no grupo parlamentario Alianza Libre Europea - Os Verdes Europeos no Parlamento Europeo desde 1999.
| Ano | Deputados | Votos | % de votos | Eurodeputados |
|---|---|---|---|---|
| 1996 | 1 | 170 670 | 7,6% | Heidi Hautala |
| 1999 | 2 | 166 786 | 13,4% | Heidi Hautala y a partir de 2003: Uma Aaltonen, Matti Wuori |
| 2004 | 1 | 172 786 | 10,4% | Satu Hassi |
| 2009 | 2 | 206 439 | 12.4% | Heidi Hautala, Satu Hassi |
Presidentes do partido
[editar | editar a fonte]- Kalle Könkkölä 1987
- Heidi Hautala 1987-1991
- Pekka Sauri 1991-1993
- Pekka Haavisto 1993-1995
- Tuija Brax 1995-1997
- Satu Hassi 1997-2001
- Osmo Soininvaara 2001-2005
- Tarja Cronberg 2005-2007
- Anni Sinnemäki 2009-2011
- Ville Niinistö 2011-2017
- Touko Aalto 2017–2018
- Pekka Haavisto 2018–2019
- Maria Ohisalo 2019–