Heinz Fischer
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2021.) |
Heinz Fischer | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1938 |
Lugar de nacemento | Graz |
Nacionalidade | Austria |
Relixión | Agnosticismo |
Alma máter | Universidade de Viena e Universidade de Innsbruck |
Ocupación | político, xurista e profesor universitario |
Pai | Rudolf Fischer |
Nai | Emma Maria Fischer |
Cónxuxe | Margit Fischer |
Irmáns | Edith Stumpf-Fischer |
Premios | Gran Cruz da Orde de San Olaf, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Ring of Honour of the Austrian state Styria, Grand Cross with Collar of the Order of the White Rose of Finland, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, gran cruz e colar da orde de Vytautas O Grande, Grand Cross of Royal Norwegian Order of Merit, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique, Grande-Colar da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Collar of the Order of the White Lion, Gran cruz da Lexión de Honor, Grand Cross of the Order of Merit of Hungary, Grand Collar of the Order of the Andes' Condor, Order of Stara Planina, honorary doctor of Tel Aviv University, honorary citizen of Vienna, Grande Estrela da Condecoración por Servizos á República de Austria e Grand Cross of the Order of the White Double Cross |
Na rede | |
http://www.heinzfischer.at/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Heinz Fischer, nado en Graz o 9 de outubro de 1938, é presidente federal de Austria dende o 8 de xullo de 2004.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Graz, estado de Estiria, Fischer recebiu unha educación humanística, aprobando o "Matura" o 1956. Posteriormente estudou Dereito na Universidade de Viena, doutorándose o 1961. Ademais de político, Fischer tamén seguiu carreira docente, e tornouse profesor de ciencias políticas na Universidade de Innsbruck en 1993.
Fischer foi membro do parlamento de Austria desde 1971 e serviu como un dos seus líderes entre o 1990 e o 2004. De 1983 ata 1987 foi ministro da Ciencia nunha coalición gobernamental liderada por Fred Sinowatz.
En xaneiro de 2004 Fischer anunciou que concorrería a presidente para suceder a Thomas Klestil e finalmente foi proclamado o 25 de abril de 2004 como o candidato do partido socialdemocrático de Austria - SPÖ -, de oposición. El obtivo o 52,4% dos votos derrotando a Benita Ferrero-Waldner, entón ministra do Exterior na coalición liderada polo partido Popular Austríaco – ÖVP – conservador.
Fischer asumiu o posto de presidente o 8 de xullo de 2004 e recibiu o cargo do presidente do parlamento, que goberna interinamente despois da morte de Klestil o 6 de xullo. Desde a súa elección como presidente a súa popularidade creceu ata ser considerado por algúns analistas como o político de maior credibilidade de Austria[Cómpre referencia].