Reloxo de area
Un reloxo de area[1] é un instrumento mecánico que serve para medir un determinado transcurso de tempo. É, como o cuadrante solar e a clepsidra (reloxo de auga), un dos obxectos máis antigos para medir o tempo.
Descrición
[editar | editar a fonte]Está contituído por dous bulbos de vidro (cónicos ou cilíndricos) transparentes que se comunican entre si por un pequeno burato que deixa pasar unha cantidade ou fluxo determinado de material (normalmente area miúda) dun para o outro - o tempo decorrido en pasar dunha ampola para a outra corresponde, en principio, sempre ao mesmo período de tempo. Fisicamente só require da enerxía potencial da gravidade para o seu funcionamento. Unha vez que o bulbo superior está baleiro, pode ser invertido para empezar a cronometrar de novo. Factores que inflúen no tempo medido inclúen a cantidade e calidade de area, o talle da amploa e a largura do colo. Aínda que as fontes discrepan sobre o mellor material, alternativas á area inclúen po de mármore e a casca de ovo en po.[2]
Usos
[editar | editar a fonte]Eran utilizados decote en navíos (onde se usaban reloxos de media hora), en igrexas e, nos comezos da utilización do teléfono, servía, nalgúns lugares, para contar o tempo transcorrido nunha chamada (no Norte de Portugal, por exemplo, esta práctica era común nalgunhas casas comerciais).
Foi moi utilizado na arte para simbolizar a transitoriedade da vida. A morte, por exemplo, é moitas veces representada como un esqueleto cunha fouce nunha das mans e un reloxo de area na outra.
Dende o século XX está en desuso, substituíndose co reloxo de pulso para saber a hora, e mailo cronómetro para medir o tempo preciso transcorrido entre dous sucesos. Nos tempos modernos, os reloxos de area son ornamentais, ou se utilizan cando unha medida aproximada é de abondo, coma nos temporizadores de ovo para cociñar ou en xogos de mesa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ É o termo empregado pola Real Academia Galega coma exemplo de tipos de reloxos na entrada reloxo.
- ↑ Madehow.com (2006). Madehow.com, ed. "Hourglass". How Products Are Made, vol. 5. Consultado o 4 de febreiro de 2008.