Sapeli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sapeli
Sapele Tree Congo Brazzaville.jpg
Estado de conservación
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Sapindales
Familia: Meliaceae
Xénero: 'Entandrophragma'
Especie: ''E. cylindricum''
Nome binomial
''Entandrophragma cylindricum''
(Sprague) Sprague

O sapeli[1] Entandrophragma cylindricum, é unha especie botánica de grandes árbores pertencentes á familia Meliaceae.

O termo sapeli emprégase acotío en galego para designar a madeira desta árbore tropical, dura, de cor avermellada e boa de traballar, moi empregada en carpintaría[2].

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha árbore grande, de até 45 m de alto (raramente 60 m), nativa de África tropical. As follas son caducifolias na estación seca, dispostas alternativamente, pinnadas, con 5-9 pares de folíolos, cada prospecto duns 10 cm de longo. As flores prodúcense en inflorescencias soltas cando a árbore fica sen follas, cada flor mide arrededor de 5 mm de diámetro, con cinco pétalos de cor amarelenta. O froito é unha cápsula pénsil duns 10 cm de longo e 4 cm de largo e, cando madurece divídese en cinco seccións para ceibar a 15-20 sementes.

Distribución[editar | editar a fonte]

É natural de África tropical en Uganda, Camerún, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Ghana, Nixeria, Serra Leoa e Togo.

Utilización[editar | editar a fonte]

Unha array mbira (instrumento musical africano) feita de madeira de sapeli

A importancia comercial de madeira é unha reminiscencia da caoba. Emprégase en pavimentado de chans pola súa durabilidade e fermoso granulado. Tense tamén empregado moito en Galiza para fabricación de portas e caixas das persianas. Entre os seus usos máis exóticos atópase a fabricación de guitarras, ukuleles por mor da súa estética agradábel. A finais da década de 1990 empezou a utilizarse coma taboleiro do instrumento de percusión vasco: a txalaparta pola fola viva forza do seu son. Emprégase tamén na fabicación dos interiores dos automóbiles estadounidenses Cadillac.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Entandrophragma cylindricum foi descrita por (Sprague) Sprague e publicado en Bulletin of Miscellaneous Information Kew 1910(6): 180. 1910.[3]

Sinonimia
  • Entandrophragma cedreloides Harms
  • Entandrophragma lebrunii Staner
  • Entandrophragma pseudocylindricum Vermoesen
  • Entandrophragma rufum A.Chev.
  • Entandrophragma tomentosum A.Chev. ex Hutch. & Dalziel
  • Pseudocedrela cylindrica Sprague
  • Swietenia angolensis Welw. ex C. DC.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego da especie e da madeira en Dicionario da Real Academia Galega A Coruña, RAG, 2012; Groba Bouza, F. (2006) Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira. Universidade de Vigo
  2. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  3. «Sapeli». Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de febreiro de 2013. 
  4. Sapeli en PlantList
  5. Sinónimos e hábitat en GRIN

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  2. ORSTOM. 1988. List Vasc. Pl. Gabon Herbier National du Gabon, Yaounde.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sapeli
Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sapeli
  • Bulletin of Miscellaneous Information, Royal Gardens, Kew. Kew 1910:180. 1910