A Universidade Internacional de Cataluña (en catalán: Universitat Internacional de Catalunya), coñecida polo acrónimo UIC, é unha universidade privada con sede en Barcelona, Cataluña (España). Ten dous campus, un en Barcelona e outro en Sant Cugat del Vallès. Conta na actualidade con máis de 4.500 alumnos nas 19 titulacións oficiais que ofrece. A taxa de inserción laboral das súas egresados é do 95%, segundo estatísticas oficiais de 2011, a maior porcentaxe do sistema universitario catalán.
O seu ideario está baseado no humanismo cristián, e ofrece atención pastoral a través do Servizo de Capellanía, que está encomendado á Prelatura do Opus Dei.