Segundo a súa declaración de principios, os seus obxectivos son "a consecución dunha sociedade democrática, na que desapareza calquera sinal de opresión social ou nacional, nun territorio ecoloxicamente equilibrado" e "nunha Cataluña libre, soberana e unificada, na Europa das Nacións" concienciando e mobilizando a xuventude do conxunto por eles coñecido como Países Cataláns.
Un dos principais proxectos das JERC é a Acampada Jove, un festival político-musical, que acolle cada ano e en diversas poblacións milleiros de mozos dende 1996.
X Congreso Nacional (Barcelona) decembro de 1987: escóllese como secretario xeral da organización a Joan Puigcercós.
XI Congreso Nacional (Sitges, Garraf) marzo de 1990: Reescóllese como secretario xeral a Joan Puigcercós.
XII Congreso Nacional (Xirona) outubro de 1992: Reescóllese de novo a Joan Puigcercós como secretario xeral.
XIII Congreso Nacional (Barcelona) marzo de 1994: Escóllese a David Minoves como novo secretario xeral.
XIV Congreso Nacional (Tarragona) abril de 1996: Escóllese a Camil Ros como novo secretario xeral.
As JERC organízanse en catro niveis: local, comarcal, rexional, e nacional, e cada un destes niveis ten total autonomía de actuación. A base da estrutura son as seccións locais, que se agrupan en federacións comarcais, e estas á súa vez en federacións rexionais. A unión das federacións rexionais dá lugar ás JERC. Todos estes niveis teñen executivas. O máximo órgano, a Comisión Permanente, está formada polos secretarios nacionais.
O máximo órgano das JERC é o seu Congreso Nacional, e entre congresos, o Consello Nacional, onde acoden os representantes territoriais.
Na actualidade as JERC adoptan unha división territorial en 14 Federacións Rexionais:
A súa publicación é a revista la Veu del jovent (O voz da xuventude) (anteriormente El Pamflet - O panfleto-) e emprega indistintamente a senyera estelada co triángulo amarelo e a estrela vermella, e a que ten o triángulo azul e a estrela branca.