Saltar ao contido

Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña
AcrónimoTSJC
Tipotribunal superior de xustiza
Data de fundación23 de maio de 1989
SedeBarcelona
PaísEspaña
Na rede
http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Cataluna/
Twitter: tsj_cat BNE: XX254710 Dialnet: 1810930 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Palau de Justícia, sede do Tribunal.

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (en catalán: Tribunal Superior de Justícia de Catalunya, TSJC) é o órgano xurisdicional que culmina a organización xudicial en Cataluña. Este organismo está previsto nos artigos 152 da Constitución española, o 95 do Estatuto de Autonomía de Cataluña e tamén nos artigos 70 a 79 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, mentres que as súas competencias, composición, organización e funcionamento son definidas no título III, capítulo I do Estatuto.

O seu antecedente máis directo foron as antigas Audiencias Territoriais nadas en 1812. O actual Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña foi creado en 1985 a partir do artigo 26 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, constituíndose o 23 de maio de 1989.[1]

Competencias

[editar | editar a fonte]

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña é o órgano xurisdicional en que culmina a organización xudicial en Cataluña e é competente para coñecer dos recursos e dos procedementos nas distintas ordes xurisdicionais.

Tras a entrada en vigor do novo Estatuto de autonomía de 2006 converteuse na última instancia xurisdicional de todos os procesos iniciados en Cataluña, sen prexuízo da competencia reservada ao Tribunal Supremo de España para a unificación de doutrina.[2] Con todo, tras unha sentenza de 2010 do Tribunal Constitucional, este reinterpretou o artigo do Estatuto que regulaba a función xudicial, sempre que a través do mesmo non se limite a función do Tribunal Supremo en relación á unificación de doutrina.[2]

Organización

[editar | editar a fonte]

O alto tribunal catalán divídese en catro salas:

  • Sala de Goberno
  • Sala do Civil e Penal
  • Sala do Contencioso-Administrativo
  • Sala do Social

O TSJC ten a súa sede no Palau de Justícia de Barcelona, situado no Passeig de Lluís Companys. Comparte sede coa Audiencia Provincial de Barcelona.

Presidentes

[editar | editar a fonte]

Tivo varios presidentes dende a súa constitución o 23 de maio de 1989:

  1. "Historia del TSJ Cataluña". 
  2. 2,0 2,1 Esther González Hernández (2012). Autonomías y unidad del ordenamiento jurídico. La cuadratura del círculo, Ed. Dykinson: Madrid, pp. 262-263

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]