Cicel
Un cicel[1] é unha ferramenta manual deseñada para cortar, facer rañuras ou desbastar material en frío mediante un golpe cun martelo axeitado. O fío de corte pode deteriorarse con facilidade, polo que é preciso un reafiado. O extremo pode ser plano, dentado ou de toro.[2]
Punteiro de canteiro
[editar | editar a fonte]O punteiro[3] de canteiro é un tipo de cicel que consiste nunha barra de aceiro coa punta endurecida. Suxéitase cunha man mentres se golpea o seu extremo cunha maceta.
Os albaneis emprégano para desbastar ou preparar superficies en que se van realizar outros traballos. Tamén as utilizan os canteiros nas pedras en que se quere deixar unha superficie rústica.
Cicel para pedra
[editar | editar a fonte]Os ciceis para pedra utilízanse para tallar ou cortar pedra, ladrillos ou lousas de formigón. Para cortar en lugar de tallar emprégase un reforzo de ladrillo; este ten unha folla larga e plana que se golpea ao longo da liña de corte para producir unha rañura, despois golpéase con forza no centro para romper a pedra. Os escultores usan un cicel de culler, dobrado, co bisel en ambos os lados. Para aumentar a forza, os ciceis para pedra con frecuencia se golpean con mazas, un tipo de martelo máis pesado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cicel.
- ↑ Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid: Akal. p. 48. ISBN 978-84-460-0924-5.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para punteiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cicel |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Procedimientos de Mecanizado (en castelán). Madrid: Editorial Paraninfo. ISBN 84-9732-428-5.