Salome (Strauss)
| Salome Salomé | |
|---|---|
Alice Guszalewicz en Salome, 1910 | |
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 1 acto |
| Idioma orixinal do libreto | Alemán |
| Libretista | Richard Strauss |
| Fontes literarias | a obra teatral Salomé de O. Wilde |
| Estrea | 9 de decembro de 1905 |
| Teatro da estrea | Semperoper |
| Lugar da estrea | Dresden |
| Duración | 90 minutos |
| Música | |
| Compositor | Richard Strauss |
| Personaxes | |
Salomé (soprano dramática ou lírico-spinto) | |
Salome é unha ópera nun acto con música de Richard Strauss e libreto en alemán do propio compositor. Tivo a súa estrea o 9 de decembro de 1905 no Königliches Opernhaus de Dresden, logo de ser prohibida en Viena, con Ernst von Schuch como director e Marie Wittich no papel de Salomé. Está baseada na tradución alemá de Hedwig Lachmann da obra en francés Salomé de Oscar Wilde. Strauss adicoulle a ópera ao seu amigo Sir Edgar Speyer.[2]
A ópera é famosa (en tempos da súa estrea, foi considerada infame) pola súa "Danza dos Sete Velos", considerada escandalosa na época. Actualmente é máis coñecida pola sorprendente escena final (decotío peza de concerto para sopranos dramáticas), onde Salomé declara o seu amor á cabeza cortada de Xoán o Bautista.
Salomé é a primeira ópera que abre novos camiños ao xénero tralo impacto wagneriano e sintonizou coas novas correntes que o mundo de Berlín incorporara ao teatro, no que coexisten simbolismo e decadentismo cun expresionismo incipiente. Acollida con entusiasmo, malia o escándalo que logo suscitaría en Berlín, Londres ou Nova York, converteuse nunha das óperas do século XX máis admiradas e representadas.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personaxes | Tesitura | Elenco na estrea, 9 de decembro de 1905 Director: Ernst von Schuch |
|---|---|---|
| Herodes, Tetrarca de Xudea e Perea | tenor | Karel Burian |
| Herodías, súa dona (e cuñada) | mezzosoprano | Irene von Chavanne |
| Salomé, súa fillastra (e sobriña) | soprano | Marie Wittich |
| Jochanaan (Xoán o Bautista) | barítono | Karl Perron |
| Narraboth, Capitán da garda | tenor | Rudolf Ferdinand Jäger |
| O paxe de Herodías | contralto | Riza Eibenschütz |
| Primeiro xudeu | tenor | Hans Rüdiger |
| Segundo xudeu | tenor | Hans Saville |
| Terceiro xudeu | tenor | Grosch |
| Cuarto xudeu | tenor | Anton Erl |
| Quinto xudeu | baixo | Léon Rains |
| Primeiro nazareno | baixo | Theodor Kruis |
| Segundo nazareno | tenor | Friedrich Plaschke |
| Primeiro soldado | baixo | Franz Nebuschka |
| Segundo soldado | baixo | Erwin |
| Un capadocio | baixo | Ernst Wachter |
| Un escravo | soprano/tenor | Maria Keldorfer |
| Invitados reais (exipcios e romanos), e o seu séquito, serventes, soldados (todos mudos). | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en español) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 415. ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ Ficha en IMSLP
- ↑ Nas estatísticas Arquivado 04 de setembro de 2018 en Wayback Machine. de Operabase para 2017/2018 aparece no posto 43 das óperas máis representadas a nivel mundial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
