Salgueiro
Salgueiro (xénero Salix) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salgueiro | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase no artigo |
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies[1] de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
Orixe e distribución
[editar | editar a fonte]É un xénero orixinario do hemisferio norte que vive en zonas de clima frío ou temperado, con solos máis ben húmidos ou achegados a charcas ou correntes de auga. Algunhas das variedades arbustivas medran na zona subàrtica (tundra). Hai unhas 350 especies de salgueiros. O xénero presenta moitos problemas taxonómicos e de nomenclatura, xa que existe unha gran variedade morfolóxica segundo especies.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Tanto o termo galego salgueiro como o xenérico latino Salix virían do celta: sal 'achegado' e lis 'auga', que dá idea do seu hábitat máis común.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son árbores, arbustos ou mesmo matogueiras. As pólas son, polo xeral, flexíbeis. Todos son plantas caducifolias. As follas son en xeral alongadas (similares ás follas da amendoeira, especialmente na especie Salix amygdaloides), normalmente dispostas de maneira alterna ao longo da póla.
Son plantas de sexualidade dioica, é dicir, que desenvolve os caracteres masculinos e femininos en plantas separadas. As flores dispoñense agrupadas en candeas (gatiños) e o froito é unha càpsula con varias sementes (4-8), do tamaño dunha décima de milímetro cada unha, facilmente dispersábeis polo vento.
Os salgueiros hibridan de xeito doado entre eles. A especie máis utilizada en xardinaría é a Salix babylonica, ou salgueiro chorón.
Son plantas que arraigan moi ben dunha estaca ou escallo (reprodución vexetativa), gozando de medra rápida. Por contra, as sementes perden viabilidade en cousa de días.
En Galicia a especie máis común é o salgueiro bravo ou cincento.
Usos
[editar | editar a fonte]A madeira en xeral non é de moi boa de calidade, pois creba con facilidade. Porén, a casca é medicinal, así como as flores e follas dalgunhas especies (lémbrese que dos Salix, extráese o ácido salicílico, a popular aspirina).
O vimieiro ou vimbieiro, Salix viminalis, é cultivado dende antigo para aproveitar os vimes en cestaría e noutros usos agrícolas. Para obter os vimes ou vimbios, córtanse as árbores a rente do chan, dándolles un tratamento especial aos plantóns novos que xorden. Hoxe en día estanse a utilizar, en substitución, outras especies vexetais distintas dos salgueiros.
O salgueiro é coñecido polas súas propiedades terapéuticas e medicinais. Algunhas especies coma o S. pentandra ou o S. praecox , posúen na casca salicina, unha substancia complexa que unha vez dixerida se transforma no intestino en distintas substancias, entre elas o ácido acetilsalicílico. Este subproduto, descuberto por F. Hoffman en 1897, é a base do fármaco máis famoso e vendido no mundo, a Aspirina, comercializada por Bayer desde 1899. Aínda que nos seus comezos foi receitada para procesos febrís e dores de cabeza, co paso do tempo descubríronse novas propiedades. Entre estas últimas salienta a propiedade de impedir a formación de trombos, facéndoa unha ferramenta de primeira orde para previr infartos e isquemias, unha das principais causas de morte nos países civilizados. Todas estas virtudes, e por suposto unha boa mercadotecnia, fai que a aspirina apareza na lista dos 100 inventos máis importantes do século XX.
Refráns
[editar | editar a fonte]- Salgueiro prènde de pòla, ameneiro de raís. Amores, que fostes d'outro, para min ja non servís (cantiga popular recollida por Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego-castellano, 1884, Santiago de Compostela, Imp. Seminario Conciliar[2])
Especies de Salgueiros
[editar | editar a fonte]Especies en Galiza
[editar | editar a fonte]- Salix alba , salgueiro branco;
- Salix atrocinerea, salgueiro bravo, zao ou salgueiro negro[3], é a especie máis abundante en Galiza, moi empregada para formar sebes e choer ou pechar leiras;
- Salix aurita, salgueiro orelludo;
- Salix babylonica, salgueiro chorón (ornamental)
- Salix caprea, salgueiro cabuxo[4]; aparece nas montañas orientais de Lugo e Ourense.
- Salix eleagnos, salgueiro sarga, sarga[5]
- Salix fragilis, salgueiro irto[6], abundante na Galiza costeira e interior próximo a esta;
- Salix matsudana, salgueiro tortuoso, salgueiro retorto[7] (ornamental)
- Salix repens, salgueiro anano, salgueiro rastreiro[8].
- Salix salviifolia, Brot., salgueiro nodoso[9], frecuente nas concas do Sil e Miño,
- Salix triandra, salgueiro de follas de amendoeira[10], frecuente en Galiza no treito final da bacía do Miño,
- Salix viminalis, vimiero ou vimbieira, cultivada e naturalizada en Galiza para tirar os vimes.
Listaxe de especies completa
[editar | editar a fonte]- Salix acutifolia
- Salix alaxensis, salgueiro de Alasca
- Salix alba , salgueiro branco
- Salix alpina, salgueiro alpino
- Salix amygdaloides
- Salix arbuscula
- Salix arbusculoides
- Salix arctica, salgueiro ártico
- Salix atrocinerea, salgueiro bravo, zao ou salgueiro negro[3], é a especie máis abundante en Galiza, moi empregada para formar sebes e choer ou pechar leiras
- Salix aurita, salgueiro orelludo
- Salix babylonica, salgueiro chorón
- Salix barrattiana
- Salix bebbiana
- Salix bonplandiana
- Salix boothii
- Salix bouffordii
- Salix brachycarpa
- Salix cacuminis
- Salix candida
- Salix caprea, salgueiro cabuxo[4]
- Salix caroliniana
- Salix chilensis
- Salix cinerea, salgueiro cinsento
- Salix cordata
- Salix daphnoides
- Salix discolor
- Salix eastwoodiae
- Salix eleagnos, salgueiro sarga, sarga[5]
- Salix eriocephala
- Salix exigua
- Salix foetida
- Salix fragilis, salgueiro irto[6], abundante na Galiza costeira e interior próximo a esta,
- Salix geyeriana
- Salix glauca
- Salix hainanica, Salgueiro de Hainan
- Salix helvetica
- Salix herbacea, salgueiro anano
- Salix humboldtiana salgueiro de Chile
- Salix humilis
- Salix interior
- Salix kusanoi
- Salix lanata
- Salix lapponum
- Salix lasiandra
- Salix lasiolepsis
- Salix lucida
- Salix magnifica
- Salix matsudana, salgueiro tortuoso, salgueiro retorto[7]
- Salix mucronata
- Salix myrtilloides
- Salix myrsinifolia
- Salix myrsinites
- Salix nigra
- Salix pedicellaris
- Salix pentandra
- Salix petiolaris
- Salix phylicifolia
- Salix planifolia
- Salix polaris
- Salix pseudo-argentea
- Salix purpurea
- Salix pyrifolia
- Salix repens, salgueiro anano, salgueiro rastreiro[11].
- Salix reticulata
- Salix retusa
- Salix rosmarinifolia
- Salix salicicola
- Salix salviifolia, Brot., salgueiro nodoso[9], frecuente nas concas do Sil e Miño,
- Salix scouleriana
- Salix sericea
- Salix serissima
- Salix sitchensis
- Salix tetrasperma
- Salix thorelii
- Salix triandra, salgueiro de follas de amendoeira[12], frecuente en Galiza no treito final da bacía do Miño,
- Salix viminalis, vimiero ou vimbieira, cultivada e naturalizada en Galiza para tirar os vimes.
- Salix waldsteiniana
- Salix wallichiana
Nome común
[editar | editar a fonte]Zalgueiro, selgueiro, sargueiro, salgueiro, salgueira brava, salce e palleira[13].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Follas de salgueiro bravo (Salix atrocinerea).
-
Ilustración do salgueiro cabuxo (Salix caprea).
-
Póla de salgueiro chorón (Salix babylonica).
-
Porte dun salgueiro chorón (Salix babylonica) na primavera.
-
Póla de vimieiro (Salix viminalis).
-
Follas do salgueiro irto (Salix fragilis).
-
Salix herbacea (un salgueiro herbáceo).
-
Salix matsudana tortuosa.
-
Flor do salgueiro anano (Salix repens).
-
Follas do (Salix aurita).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mabberley, D.J. 1997. The Plant Book. Cambridge University Press #2: Cambridge.
- ↑ http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=salgueiro&tipo_busca=lema
- ↑ 3,0 3,1 Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997; Termos esenciais de botánica Universidade de Santiago de Compostela, 2004
- ↑ 4,0 4,1 Termos esenciais de botánica Universidade de Santiago de Compostela, 2004; VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
- ↑ 5,0 5,1 Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
- ↑ 6,0 6,1 https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm?
- ↑ 7,0 7,1 Nomes vulgares recomendados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
- ↑ Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997
- ↑ 9,0 9,1 Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997; VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
- ↑ Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997
- ↑ Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997
- ↑ Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997
- ↑ "Salgueiro (Salix sp.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 9 de setembro de 2016.